22 dic 2010

Visita sorpresa á Biblioteca

Bueno, bueno, bueno. Menuda sorpresa levamos esta mañá cando entraron pola porta da Biblioteca os mismísimos Reis Magos!! Buah!!
Viñeron comprobar como quedara a Biblioteca despois das reformas e dixeron que lles encantara. Aproveitamos a ocasión para entregarlles in situ a nosa carta que, como ben imaxinaredes, tiña escritos un montón de títulos de libros que queremos que pasen a formar parte dos fondos da Biblioteca. Intentamos covencelos de que este ano fumos moi bos, a ver se serve de algo!
Bo Nadal e aproveitade as vacacións!

21 dic 2010

Xa rematamos as obras

Pois si, dontiñ@s, como ben di o título do post, a obras que vimos realizando para vós dende hai un ano tocaron ao seu fin. Eu estou encantado xa que me gusta moito como quedou e a cantidade de cousas que poderedes facer agora na Biblioteca; pero o máis importante é que agora lle saquedes rendemento.
Agora vouvos presentar os últimos cambios:

Con este cañón no teito as proxeccións serán máis cómodas e de mellor calidade.
Este taboleiro empregarase para exposicións da Biblioteca, para novas, traballos...






As novas estanterías melloran a estética da Biblio e dótana de máis espazo para almacenaxe.

20 dic 2010

Unha casiña de chocolate moi agradable

Xa que os auténticos protagonistas deste curso son os contos as profes de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica decidiron darlle un aire novo á súa aula. Non se lles ocurriu outra cousa que convertila na auténtica Casiña de Chocolate de Hansel e Gretel!!
Non esqueceron ningún detalle, chegas ata ela guiado por "migallas" de pan e dentro...mellor que o comprobes vendo o "slide".

Recomendacións lectoras para o Nadal

Boas!!
Como cada Nadal o Equipo de Biblioteca elborou unha guía de lectura para as vacacións de Nadal.
Esa guía foi entregada nas aulas pero queremos publicala tamén no blogue para darlle unha maior difusión. A continuación poñemos as dúas imaxes que forman este tríptico. Esperamos que vos servira de axuda e que vos gusten as lecturas recomendadas e, como ben di a carta aos Reis Magos, xa sabedes que é un bo regalo...LIBROS!

14 dic 2010

Máis imaxes!!

Boas dontiñ@s!!
Xa se poden contar as horas cos dedos para rematar definitivamente coas reformas, xa estou desexando ver como queda todo!!
Hai unhas datas que a porta da Biblio está presidida por dúas xigantescas imaxes miñas, así queda aínda máis claro quen se agocha neste rincón. Podes velas a continuación, que ben quedaron!

 

13 dic 2010

Primeiras imaxes da reforma 2.0

Boas!! Recién chegados da ponte e xa estamos preto de ter vacacións de novo!!
Como ben di o título da entrada xa se empezan a vislumbrar o que vai ser o cambio definitivo da Biblioteca. Aínda que temos todo un pouco revolto todavía, podemos comprobar que a nova reforma complementará a anterior. As estanterías quedarán uniformes e o novo proxector permitirá aumentar as posibilidades de uso.
a continuación mostramos dúas imaxes do proceso en espera de ter rematado para facer unha presentación como é debido. Lémonos!

10 dic 2010

Paco Trolas, un mentireiro de bo corazón

Boas!!
Hoxe comeza a segunda parte da reforma da Biblioteca e andamos un pouco axetreados, pero non nos esquecemos de que é venres e temos que recomendarvos un libro.
Esta semana pensamos nos máis pequenos e presentamos unha das novidades, Paco Trolas , un ratiño bo pero con certa tendencia a non contar sempre a verdade.
Queres saber as consecuencias?
Colle emprestado o libro e descubrirás por ti mesm@ o que lle sucede.

9 dic 2010

Constitución Española e Dereitos Humanos: Recursos


Ola de novo! O pasado luns celebramos o Día da Constitución Española. Para todos aqueles que queran aprender aprender máis sobre ela, disfrutando ao mesmo tempo, poñemos á vosa disposición estes recursos que atopamos na rede:


Esta semana tamén hai outra conmemoración. Mañá, 10 de decembro, é o Día dos Dereitos Humanos. Para celebralo a asociación TADEGA fixo unha proposta a todos os coles: traballar o conto de Xandre. Se premedes na imaxe do elefantiño protagonista do conto accederedes á páxina onde se atopa esta preciosa historia en distintos soportes.




Ademáis tamén vos propoñemos esta morea de recursos:
Disfrutade aprendendo, lémonos!

Máis reformas!!

Que tal vai todo?
Espero que a ponte resultara proveitosa para vós, seguro que xa estabades desexando volver ao cole e así poder visitar o voso rincón favorito, a Biblioteca.
O que non esperabas era atopar tanto rebumbio e tanta desorde, pero temos unha explicación.
O curso pasado pegámoslle un repaso á Biblio que a deixou totalmente irrecoñecible, pero faltou un 10% para quedar plenamente satisfeitos. Ese 10% vaise completar nos vindeiros días, xa que o proxector será colocado no teito e as estanterías vellas que aínda quedaban serán cambiadas, dese xeito teremos a nosa Biblioteca uniforme. Ademais teremos caixón para aqueles estantes que o precisen.
Vai quedar xenial e, como non, poñereivos imaxes en canto as teña, lémonos!

3 dic 2010

"Mis primeros Clásicos", unha colección recomendable

Boas dontiñ@s!
É venres, pero non un calquera, xa que este dá paso a unha das fins de semana máis longas do curso, xa que até o xoves non haberá clase polos días festivos da Constitución e da Inmaculada.
Esta semana recomendámosvos unha colección moi especial que vos introducirá no mundo dos grandes clasícos da Literatura.
A colección chámase "Mis primeros Clásicos" e nela podes atopar títulos como:
  • El Cid
  • La Isla del Tesoro
  • Sandokan
  • Robin Hood
  • Las mil una noches
Son moitos máis os títulos que podes disfrutar, todos eles están no apartado 85 -clásicos- e teñen etiqueta verde.
Iníciate nestas grandes obras, non te arrepentirás.
Lémonos!

2 dic 2010

Un enlace para que "navegues" segur@

Boas! Como levades o frío?
A verdade é que non apetece saír moito da casa e estou seguro que estando na casa pasades algún tempo navegando por Internet, pero...navegas de forma segura?
Na páxina web da Consellería de Educación da Xunta de Galicia elaboraron n apartado titulado "Navega con rumbo" que nos ofrece unhas guías con consellos para disfrutar de Internet con seguridade.
Preme na imaxe e accederás a ela, resulta moi atractiva e interesante.

30 nov 2010

Francisco, un Dontest orixinal

Os alumnos e alumnas de 6ºB teñen este ano un novo profe, Francisco. Eles xa o coñecen bastante, pero agora os demais membros da comunidade educativa podemos coñecelo un pouco máis lendo as súas respotas do Dontest, que, por certo, non son nada convencionais. O resultado é un Dontest orixinal, mírao:

1. Lembras quen te ensinou a ler?
-Meus pais, avós e o mestre

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non me lembro.

3. Cal é o teu libro favorito?
- Cumbres Borrascosas

4. E o teu autor preferido?
- Pearl S. Buck, Álvaro Cunqueiro, Stephen King

5. Cal é o último libro que liches?
- La vida cotidiana de los árabes

6. Cantas horas les á semana?
- Se a pregunta se refire só a libros, coido que unhas 5. Pero se refire a lecturas en xeral, bastantes máis

7. Agora estás a ler...
- Isto!!

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Todos son bos.

29 nov 2010

Recursos didácticos: Contitución e Dereitos Humanos

Ola de novo! O mes de decembro, que empeza o vindeiro mércores, ven cargadiño de datas moi especiais. Aparte do Nadal, do que ninguén se esquece, celebramos o día da Constitución o 6 de decembro, que por suposto é festivo, e o día 10, o Día Internacional dos Dereitos Humanos.
Con motivo destas datas fixemos unha selección de recursos para profesorado e alumnado que expoñemos a continuación:

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA (recursos atopados na web de Norberto):
Unidade didáctica: A Constitución é cousa de nenos e nenas

DEREITOS HUMANOS:
"Cada pollo con su rollo": caderno que explica os dereitos de forma moi sinxela para EI e 1º ciclo
Esperamos que aproveitedes ben estes recursos. Ata mañá!

Novas (29-11-2010)

Boas dontiñ@s!!
Comezamos unha nova semana...conxelados!! Buff, que frío vai!
Apetece quedarse na casa cunha mantiña coa compañía dun bo libro, así que non o dubidedes, correde á biblio e buscade esa grata compañía.
Novas:
  • A semana pasada 174 libros saíron da biblio rumbo ás vosas casas, curiosamente a mesma cantidade de hai dúas semanas.
  • Na entrada da biblioteca están expostas novidades, gran parte delas son clásicos adaptados, de verdade que valen moito a pena.
  • Esta semana seguiremos coas habituais seccións no blogue, comezando mañá polo Dontest dun mestre chegado este ano ao cole.
Sigue visitándonos!!

28 nov 2010

Nin un biquiño á forza, recomendación da semana

Para rematar esta semana na que a loita contra a violencia de xénero estivo tan presente aconsellamos este libro, Nin un biquiño á forza, libro editado pola Xunta de Galicia que transmite a educación en valores e en igualdade aos máis pequenos. Podes atopalo na nosa biblioteca, é unha lectura obrigada.

26 nov 2010

"El Quijote Interactivo", unha xoia na rede


Moi boas!
Como xa anunciei o luns unha das recomendacións da semana tiña que ver cun gran clásico da literatura española. E se falamos dun gran clásico seguro que a moitos se lles vén á cabeza "El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha", a obra de Miguel de Cervantes.
A Biblioteca Nacional creou unha páxina espectacular para coñecer na rede esta obra maestra, podes visitala premendo na imaxe.

24 nov 2010

Audioconto de producción propia

O prometido é débeda e unha vez superados un par de problemiñas técnicos xa está colgado na canle do Ceip Rosalía en youtube o audioconto "A castaña e o castiñeiro".
Míriam Fraga (6ºA) pon a voz a un conto elaborado polo alumnado do colexio para a celabración do Magosto.

23 nov 2010

Día contra a violencia de xénero: recursos didácticos

Ola de novo!
 É momento de poñerse serios. O 25 de novembro, o próximo xoves, é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Poñemos a disposición de toda a comunidade educativa unha serie de enlaces que esperamos nos axuden a concienciarnos sobre esta grave problemática:

Esperamos que esta violencia remate pronto e non teñamos que volver a celebrar este día.

Alumna e profe deste cole...Silvia!!

Pois efectivamente tratábase de Silvia, ela pode dicir que a maior parte da súa vida pasouna neste colexio, primeiro como alumna -seguro que aprendeu a ler aquí- e agora como profe -moitos amarán a lectura grazas a ela-.
Coñece coma ninguén todos os rincóns e os segredos que se agochan no Rosalía. Agora nós queremos coñecer algún segredo seu, iso si, relacionado coa lectura.
Non perdas detalle do seu Dontest:
 
1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Non o recordo, pero imaxino que foi algunha das mestras que me deron clase en parvuliños

2. Cal foi o primeiro libro que liches?

- Tampouco me lembro, pero a miña nai me di que era máis de pintar que de ler.
3. Cal é o teu libro favorito?

- A verdade, non teño libro favorito, con que teña unha historia que me enganche é suficiente.

4. E o teu autor preferido?
- Tampouco teño autor favorito

5. Cal é o último libro que liches?
- Un barco cargado de arroz, de Alicia Giménez Bartlett

6. Cantas horas les á semana?

- Pois non teño un número de horas fixa, hai épocas que leo moito e outras que moi pouco. Agora mesmo estou lendo menos do que me gustaría.

7. Agora estás a ler...

- Los Pilares de la Tierra, de Ken Follet

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.

- Calquera moomento é bo para ler, pero se me teño que decantar por un sería na miña habitación con todo en silencio.

22 nov 2010

Diario do blogue

Outra vez por aquí, gustouvos o vídeo?
Blogueo de novo para informar do plan que nos espera esta semana no blogue:
- O primeiro, dicir que a semana pasada os profes e os colaboradores botaron fume no recreo, xa tiveron que realizar 184 empréstitos, bravo polos lectores!
- O martes espéranos un Dontest, de quen? A ver...pistas, é unha profe moi noviña e con moitos vínculos no Rosalía, xa que que tamén foi alumna do cole...verá as cousas do mesmo xeito agora?
- O mércores outro profe pasará polo blogue para contarnos algo. A semana pasada "Rompetechos" Esteban deixou o listón alto, quen se atreverá esta semana.
Ademais, colgaremos un "audioconto" de producción propia relacionado co Magosto.
- Para rematar, xoves e venres tocarán recomendacións, a recomendación do xoves terá moito que ver co gran clásico da Literatura Española e a do venres...aínda queda moito!
Lémonos!

O PDI "Os contos" xa se deixa ver

Como estades, dontiñ@s?
Pois si amig@s, os traballos relacionados co PDI xa comezan a dar os seus froitos. A decoración do colexio e as celebracións están marcadas polo tema deste curso: "Os contos"
No corredor de Educación Infantil unhas belísimas Brancaneves e uns graciosísimos setenta e pico ananiños presiden as paredes e nos levan a un mundo de fantasía. Podes velo no seguinte vídeo:

19 nov 2010

Recomendación da semana

Ola a tod@s!
Tal e como prometimos, dende o luns hai no expositor da entrada da biblioteca unha selección de libros relacionados cos dereitos da infancia, listos para levar. Esta exposición permanecerá unha semana máis e logo os libros volverán a ocupar o seu sitio na biblioteca.

Entre os títulos seleccionados destacan os seguintes:

- Colección "Os dereitos do neno e da nena". Editorial Baía (10 títulos, 832 vermello)

- Colección "Contos da igualdade". Baía edicións (3 títulos, 832 vermello)

- Colección "Carteira de valores" (11 títulos, 832 vermello /840 verde)

- Os Bolechas. Os dereitos da infancia. Xunta de Galicia (832 vermello)

- Dereitos do neno e da nena. Edicións A nosa terra. (832 vermello)

Esperamos que sexan do voso agrado. Ata a semana que ven!

18 nov 2010

Enlaces de interese sobre Dereitos dos Nenos

Como vai todo, meus?
Como cada xoves vouvos aconsellar espazos web que molan. Hoxe están relacionados cos Dereitos dos Nenos. En primeiro lugar traiovos o spot que unha superestrela coma Pau Gasol fixo para colaborar co cumplimento deses Dereitos.

Hai moitas asociacións que loitan para que os máis desfavorecidos teñan oportunidades; dúas desas organizacións son Unicef e Save the Children. Se premes nos seus logos poderás acceder ás súas páxinas web e ver parte do seu importante labor.

17 nov 2010

Que nos conta Esteban?

Esteban, un dos "teachers" do cole pasou esta semana pola Biblioteca para responder as tres preguntas do "Que me conta...?". Das súas respostas podemos sacar varias conclusións; gústalle o inxenio, gústanlle os cómics e considérase a si mesmo un pouco... compróbao lendo as respostas!

1. Cal é o teu conto favorito?
O xastriño valiente, coa moralexa de que o inxenio pode coa forza.

2. Que personaxe de conto che gustaría ter sido?
Sempre me gustou Mortadelo, meténdose en líos e saíndo airoso deles, pero véxome máis parecido a Rompetechos.

3. Que final de conto cambiarías?
O de Os Sete Cabritños. Pobre lobo! El so tiña fame! Unha cousa é botalo do bosque, e outra moi distinta é afogalo...

16 nov 2010

Toca Dontest, hoxe...Laly

Outra das mestras que debutan no colexio é Laly. É a profe de Pedagoxía Terapéutica e cumplimentou un Dontest máis que interesante, aí vai:
 
1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Sí, unha mestra chamada María que nos daba clase a nenos de diferentes idades nunha mesma aula.

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Eu penso que libros de contos con algúns coma "Carapuchiña vermella", "Os tres porquiños"

3. Cal é o teu libro favorito?
- Hai moitos peo un que me marcou especialemente na miña adolescencia foi La vida sale al encuentro de J.L. Martín Vigil.


4. E o teu autor preferido?
- Josefina Aldecoa. Escribiu unha triloxía preciosa que comeza con Historia de una maestra.

5. Cal é o último libro que liches?
- Mal de escuela, de Daniel Pennac


6. Cantas horas les á semana?
- Depende do tempo do que dispoña. De feito leo moito máis durante o verán que o resto.

7. Agora estás a ler...
- La soledad de los números primos, de Paolo Giordano

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
Pola tardiña, nun sitio cómodo do salón da miña casa.

15 nov 2010

Dereitos da infancia: cambios na ubicación dos murais

Xa se estreou a exposición de libros en relación cos Dereitos da infancia, no expositor da entrada da biblioteca. Lembramos que non é unha exposición decorativa, todos os libros que están expostos poden levarse emprestados, de feito varios exemplares xa sairon para ser lidos nas vosas casas.
Respecto aos murais, estes foron colocados na tarde do luns polo equipo de biblioteca, así que dende o martes xa poderedes visitalos.
O do 1º ciclo colocouse onde dixeramos, no corredor principal, fronte as escaleiras que suben ao 2º ciclo. O mural para o alumnado de 2º e 3º ciclo, por problemas organizativos, non se colocou onde estaba pensado inicialmente, senón na biblioteca, na zona das estanterías marróns.


 Este mural complétase co listado dos 42 dereitos que Donte presenta na entrada da biblioteca.
Iso é todo amig@s!

Novas de luns

Boas, dontiñ@s!
Comeza unha nova semana marcada polo Día dos Dereitos da Infancia, como xa puidestes ver na publicación anterior. Se che interesa o tema seguro que xa visitaches algún dos enlaces propostos.
Cambiando de tema, a semana pasada realizáronse 174 empréstitos, unha boa cantidade tendo en conta que o xoves non houbo cole.
Anímovos a que sigades toda a semana as entradas do blogue, poderedes ver cousas moi interesantes, empezando polo Dontest de mañá a outro/a profe, a quen lle tocará?

14 nov 2010

Recursos didácticos: Os dereitos da infancia



Ola a todos! Xa vedes que non descansamos nin en domingo. O certo é que temos un sorpresa preparada para vós. Con motivo da celebración do Día internacional dos dereitos de nenos e nenas, o 20 de novembro, o equipo de biblioteca decidiu facer dous murais e unha exposición bibliográfica para os que queiran saber máis do tema. Ao longo do día de mañá, luns 15 de novembro, iremos montando os murais no corredor principal (o de 1º ciclo fronte as escaleiras que suben ao 2º ciclo e o de 2º e 3º ciclo, fronte as escaleiras que suben a 3º ciclo) e a selección de libros no expositor da entrada da biblioteca. Todo este material estará exposto durante dúas semanas, así que aproveitade ben o tempo!


Ademáis ofrecémosvos a continuación unha chea de enlaces con recursos moi útiles para traballar o tema:

Esperamos que disfrutedes e aprendades moito con todos estos recursos que están á vosa disposición. Lémonos!

12 nov 2010

Recomendación Outonal

Pasou o Magosto -se queres podes ver imaxes na web do cole- e toca fin de semana chuviosa, ideal para ler. As recomendacións de hoxe teñen que ver -como non- co outono.

Outono na illa e Atención que viene ¡don Outono!  son os títulos que podes atopar na biblioteca nas seccións 843 e 841 respectivamente, ambos con etiquetas azuis.

Non perdas a oportunidade de botarlles unha ollada!
Lémonos, dontiñ@s!

11 nov 2010

Magosto no Rosalía

Mañá celebramos o Magosto no cole, os recipientes que elaborastes para as castañas están a esperar para ser usados, así que todo parece preparado para a festa. Dende o Blog de Donte queremos agradecer a centros como o CEIP VÍCTOR SÁENZ que elaboren recursos e que compartan connosco os mesmos para traballar festas coma a que nos ocupa. Se premes na imaxe accederás á páxina de recursos que crearon os compañeir@s dese centro.
Máis abaixo mostrámosvos un "slide" de fotos dos recipientes para o Magosto.


  

9 nov 2010

María, a profe de Reli, pasa o Dontest

Este ano temos profe de "Reli" nova, tod@s a coñecedes xa, trátase de María, que amablemente pasou pola consulta de Donte e contestou ás preguntas da seguinte maneira:

1. Lembras quen te ensinou a ler?

- Sí, foron as mestras de preescolar

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Hai tanto tempo que non o recordo, pero lía moito cómics de Astérix e Obélix e aventuras "Dos cinco" de Enid Blyton.

3. Cal é o teu libro favorito?
- Tuareg

4. E o teu autor preferido?
- Alberto Vázquez Figueroa

5. Cal é o último libro que liches?
- La Catedral del Mar, de Ildefonso Falcones


6. Cantas horas les á semana?
- Unhas cinco horas

7. Agora estás a ler...
- Los Pilares de la Tierra, de Ken Follet

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
Antes de durmir, na praia...

8 nov 2010

Volve a normalidade!

Que tal dontiñ@s?
Eu podo dicir que moi ben porque de novo temos conexión a internet, e grazas a iso volve a normalidade ao blogue.
Mañá a profe María será a protagonista do Dontest, poderás consultalo para ver as súas curiosidades lectoras.
O mércores outro mestre/a falaranos sobre contos, quen será...? Pois nin eu o sei aínda! Jeje
Xoves e venres seguiremos recomendando, aínda que o xoves, como ben saberedes, non hai cole porque celebraremos o San Martiño.
No que respecta á semana pasada, os empréstitos foron 163, baixamos un pouquiño, pero seguimos a comprobar que as nosas recomendacións -en especial os libros de Anxo Fariña- seguen tendo moito éxito.
Nada máis por hoxe, deica!

7 nov 2010

Premiados/as do Museo do Conto

Aí @s tedes!! Son afortunad@s que saíron premiad@s no concurso do Museo do Conto. Contestaron correctamente ás cuestións e entraron nese sorteo no que saíron victorios@s.

O agasallo que recibiron foi, como non podía ser doutra maneira, un libro.
Esperamos que o disfrutedes!!
Estes son os nomes:
- Joaquín Martínez (3º B)
- Milena Castillo (4ºA)
- Valentina Alday (6ºA)
- Matías Álvarez (6ºB)
- Sabela Pérez (6ºB)

Segundo número das Donticias

Xa está nos corredores o 2º número das Donticias, unha edición marcada pola visita de Anxo Fariña e O Museo do Conto. Neste número damos tamén a coñecer os gañadores/as dos premios do Museo do Conto.
Preme na imaxe e verás ampliado o xornal

5 nov 2010

"Cando os animais falaban", a recomendación de hoxe

Ola a todos!
Lembrades que o venres é día de recomendación?
Hoxe toca un libro moi especial que recolle contos tirados da tradición oral galega que explican, á súa maneira, por que as cousas son dese xeito e non doutro. Así atoparedes respostas moi imaxinativas e pouco científicas a preguntas como:
Por que o lobo ten a boca tan grande?
Por que a cobra non ten patas?
Por que Galicia ten rías?
Por qué o río Miño vai caladiño?
Ademáis o libro ten unhas ilustracións moi fermosas que despertarán a vosa imaxinación. Podedes atopalo na sección 846-narracións fantásticas.
Espero que sexa do voso agrado.
Lémonos!

4 nov 2010

O magosto

Ola a tod@s! O próximo venres 12 de novembro celebraremos o magosto no colexio. Ademáis de todas as actividades que está a promover o equipo de dinamización lingüística do cole, o equipo de biblioteca tamén quere participar neste acontemento. Así, decidimos buscar pola rede recursos para traballar o outono e o magosto e atopamos no blogue O recanto de Mik un enlace aos recursos recopilados pola Biblioteca Mestres Goldar. Para acceder a estos recursos só tedes que premer na imaxe.
Nesta páxina atoparedes, imaxes, debuxos para colorear, información sobre o magosto, xogos, webquest, refráns, contos... Coma sempre, hai variedade para que os docentes e o alumnado de todas as idades atope algo que lle interese.
Espero que sexa do voso agrado.
Lémonos!

3 nov 2010

Segundo B, unha clase de medo!!!!

Efectivamente amig@s, a clase de 2º B é de medo!! Jaja, non é que sexan malos alumn@s, todo o contrario, son unha clase excelente e moi traballadora. O título da entrada débese a que, xunto á súa profe Silvia, fixeron un mural para celebrar o Samaín que tiña que ver co medo. Aquí vos mostramos esa terrorífica obra de arte.
Eles non tiveron reparo en mostrarnos os seus medos, sen dúbida, un bo camiño para superalos. Noraboa!

2 nov 2010

E pasou o Samaín

Moi boas de novo!
Comezou unha nova semana e seguimos igual...sen internet no cole, o que segue a dificultar as actualizacións do blogue; de todas formas faremos o que estea nas nosas mans para que se note o menos posible.
Temos unhas cantas novas:
- A semana pasada aumentaron os empréstitos bastante,chegando ata os 184, que non está nada mal.
- Esta semana teremos nova edición das Donticias, que están xa quentiñas e a piques de ver a luz.
- Nesa edición das Donticias virán publicados/as os gañadores/as dos concursos do Museo do Conto.
- Se queres saber se acertaches as respostas, pásate polo corredor principal e mira no panel do Museo, aí están colgadas as respostas.
- Para rematar, esperamos ter Dontest, Que me conta...?, e as recomendacións, así que xa sabes, visítanos a diario porque non pararemos!

29 oct 2010

Lecturas para o Samaín

Boas a tod@s, como cada venres recomendámosvos lecturas; e como esta semana estivo marcada pola celebración do Samaín fixemos unha selección de títulos relacionados con esta data. Como puidestes comprobar no expositor da biblioteca puxemos unha serie de libros -que voaron, por certo- con esa temática; entre eles estaban:
- El extraño caso de la noche de Hallowen (Gerónimo Stilton)
- El fantasma nocturno
- La momia misteriosa
- Fastasmas no corredor
- Os Bolechas teñen medo
- Mamasiña, que medo!
- Babayaga
- Un brujo de segunda

Seguro que os afortunados/as que se adiantaron a collelos terán unha noite de Samaín xenial e....terrorífica!!
Deica logo!

28 oct 2010

Conta atrás para o Samaín


Ola a todos! Só quedan uns días para celebrar o Samaín. O cole está cheo de pantasmas e cabazas grazas á vosa colaboración. O equipo da biblioteca tampouco quere quedarse atrás así que o enlace de hoxe vai adicado ao Samaín.
Atopamos no blogue "O recanto de Mik" unha selección de recursos feita polo CEIP Victor Sáenz: información sobre as orixes do Samaín, xogos para comprobar os vosos coñecementos, cancións en distintos idiomas relacionadas ca temática, debuxos...Hai para todos os gustos! So tedes que premer na imaxe para ter acceso aos recursos.
Antes de despedirme aproveito para anunciaros que mañá a recomendación da semana será unha selección dos mellores libros de medo, bruxas, pantasmas...que hai no cole. Estarán no expositor á entrada da biblioteca listos para que os levedes prestados para ler estos días na casa.
Lémonos!

26 oct 2010

Unha semana difícil

Como estamos?
Non ter internet no colexio está a supoñer un verdadeiro problema para o desenvolvemento normal do blogue, por causa da nosa "desconexión" estanse a ver alteradas as nosas seccións habituais.
De todas formas, podo informarvos dos empréstitos da semana pasada, que foron 165, unha cifra decente pero insuficiente para nós.
Dicirvos tamén que o número dous das Donticias está a piques de ver a luz, o próximo martes estará xa polas aulas e polos andares.
Unha aperta e a seguir preparando o Samaín!

Cambio de plantilla polo Samaín

Con motivo da celebración do Samaín decidimos "tunear" o fondo do noso blogue para darlle un aspecto máis acorde con esta data.
Esperamos que vos guste e xa sabedes, podedes facer os vosos comentarios, se cabe algún propón esta cor como definitiva...

25 oct 2010

O Museo do Conto continua...

Ola a todos!
Que tal a fin de semana? Espero que ben. No cole seguimos sen internet e esperamos que ao longo desta semana se solucione o problema para que podades visitar o blogue dende o centro, entre outras cousas, claro.
A visita de Anxo Fariña foi un éxito e os seus libros non paran de cambiar de mans: tan pronto os devolven xa hai quen os quere levar. Visitáchedes xa o blogue dos megatoxos?
Os máis avispados seguro se decataron de que o museo mudou de ubicación. Agora se atopa no outro lado do corredor, frente as escaleiras do 2º ciclo. Tamén é máis pequeno: só aparecen os obxectos e os contos correspondentes. No frontal colgamos as solucións ao concurso 1, en galego e castelán.
Para os que vos preguntades que pasa co concurso 2, tranquiliños, que non o esquecemos. O concurso empezou hoxe e remata este venres. As plantillas de participación as teñen os profes de idiomas (Esteban e Marco -as de inglés- e Anxo as de francés) e as cubriredes nas súas clases. No de inglés participará o alumnado de 2º e 3º ciclo e no de francés só o de 3º ciclo. Unha vez rematado o concurso faremos un sorteo entre os acertantes para a entrega de agasallos.
O equipo de biblioteca agradece a masiva participación no concurso e a implicación de titores e especialistas neste proxecto.
Lémonos!

22 oct 2010

E Anxo Fariña pasou polo cole...

Foron dúas charlas, apenas dúas horas escoitando a un excelente profesional, a un gran comunicador, a un mago do "rotulador", a un Megacrack como Anxo Fariña.

Na primeira charla os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo puideron aprender como un creador chega á súa obra, un proceso tan sumamente coidado e meditado que fai que nada quede ao azar. Escoitaron tamén que a imaxinación necesita adestramento, e que éste pode chegar a través da lectura. Como non, deleitounos coa súa habilidade para debuxar, deixando un par de agradables recordos para o cole. Por certo, será Alberto o próximo personaxe dos Megatoxos?


O segundo auditorio era moito máis esixente, nada máis e nada menos que os nenos/as de Infantil e do Primeiro Ciclo, e claro, aquí Anxo necesitou da maxia; esa maxia que lle sae das mans a través desa variña tan especial (rotulador). Nun man a man graciosísimo con Álvaro conseguiu ensinarnos como un neno pode entrar nun conto. Para rematar, Yara convertiuse en serea nun abrir e pechar de ollos.
En definitiva, unha xornada difícil de esquecer. Grazas Anxo.

A recomendación da semana é...Anxo Fariña

Moi boas! Na seguinte entrada falarei da visita de Anxo Fariña pero agora, aproveitando que é venres e toca recomendación literaria imos aconsellarvos a obra completa deste escritor e ilustrador.
Para os máis pequenos temos as historias dos Pelelliños, de Antón e Pompón, a Monstroescola...logo temos aos Magos das Formas, a Don Quixote e Breogán, O Ladrón de Palabras ou Xabi non pode durmir. Non, non me esquecín, para os maiores temos os Megatoxos, eses mozos que viaxan no tempo para curar a súa mutación xenética. Esta última colección ten un blogue máis que interesante, chámase http://megatoxos.blogspot.com/ . Nel terás toda a información que buscas e todas as novidades.
Xa o sabes, non tes disculpa, sumérxete no mundo de Anxo Fariña.

21 oct 2010

Coidados na rede

Boas amig@s!
Como cada xoves toca aconsellarvos un link. Esta semana decidimos escoller un sobre as redes sociais e outras páxinas de gran aceptación en internet. Na vida actual é moi frecuente -case creamos unha dependencia- pasar horas diante do ordenador conectados ás diversas redes sociais.
Para que coñezas certos consellos entra en http://www.deaquinopasas.org/ e así evitarás certos perigos aos que estás expost@.

Un saudiño e lembra que mañá é o gran día, visítanos Anxo Fariña!

19 oct 2010

Dontest de Mireia

Moi boas! A pesar de que está a rematar o día -estamos sen Internet no cole- non vos ía seixar sen o Dontest. Mireira, profe de 1º, accedeu a contestar as nosas preguntas, velaí tes as respostas:
 
1. Lembras quen te ensinou a ler?
Non o lembro

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
Tampouco o recordo
3. Cal é o teu libro favorito?
 Non teño libro favorito, pero un dos que máis me gustou foi  Cazadores de Mamuts.
4. E o teu autor preferido?
Gústame Isabel Allende, Carlos Ruiz Zafón, Lucía Etxebarría...non teño autor favorito, hai moitos que me gustan.
5. Cal é o último libro que liches?
Algún sobre maternidade, creo que Lactancia Materna de Carlos González, pero a verdade, hai tanto...
6. Cantas horas les á semana?
Agora case non leo
7. Agora estás a ler...
Empecei a ler Inteligencia Emocional pero aí quedou, igual que Pequeñita ou Chiquitita, xa non me acordo.
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
Na cama ou no sofá, cando todo esté en silencio.
 

Recursos didácticos: O Samaín


Ola a tod@s!

Hoxe estreamos a sección de "recursos didácticos", de carácter puntual, dirixida a facilitar o traballo aos docentes do centro.
Con esta sección o equipo de biblioteca pretende escoller aqueles recursos de maior calidade que se atopen na rede e poñelos a disposición das nosas compañeiras e compañeiros da forma máis sinxela posible: accedendo a eles a través do noso blogue.
Nesta ocasión a sección adícase ao Samaín. Aínda que faltan uns días para a súa celebración coidamos que é necesario colgar xa os recursos para que lles podades votar unha ollada e, se cadra, ir seleccionando aqueles que vos resulten máis interesantes.
No estupendo blogue "O recanto de Mik" atopamos un enlace á selección completísima que elaboraron @s compañeir@s do CEIP Victor Sáenz, con actividades de todo tipo e para todas as idades. Premede na imaxe para ter acceso aos recursos.
Esperamos que sexan do voso agrado.

Ata a próxima!