Pois efectivamente tratábase de Silvia, ela pode dicir que a maior parte da súa vida pasouna neste colexio, primeiro como alumna -seguro que aprendeu a ler aquí- e agora como profe -moitos amarán a lectura grazas a ela-.
Coñece coma ninguén todos os rincóns e os segredos que se agochan no Rosalía. Agora nós queremos coñecer algún segredo seu, iso si, relacionado coa lectura.
Non perdas detalle do seu Dontest:
1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Non o recordo, pero imaxino que foi algunha das mestras que me deron clase en parvuliños
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Tampouco me lembro, pero a miña nai me di que era máis de pintar que de ler.
3. Cal é o teu libro favorito?
- A verdade, non teño libro favorito, con que teña unha historia que me enganche é suficiente.
4. E o teu autor preferido?
- Tampouco teño autor favorito
5. Cal é o último libro que liches?
- Un barco cargado de arroz, de Alicia Giménez Bartlett
6. Cantas horas les á semana?
- Pois non teño un número de horas fixa, hai épocas que leo moito e outras que moi pouco. Agora mesmo estou lendo menos do que me gustaría.
7. Agora estás a ler...
- Los Pilares de la Tierra, de Ken Follet
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Calquera moomento é bo para ler, pero se me teño que decantar por un sería na miña habitación con todo en silencio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario