27 feb 2018

DECLÁRATE CANTANDO

No mes de febreiro, como xa sabedes de anos anteriores é o mes do amor e da amizade. Dende a biblioteca propuxémos unha actividade para participar.  A actividade deste ano levaba por título "Declárate cantando"Consistía en que a comunidade educativa interpretara ou escribira unhas cancións de amor ou de amizade para dedicarlla a quen quixeran.


A continuación queremos amosarvos o traballo dos nen@s e familias. Moitas grazas por participar!!








A mochila viaxeira de Leire (6º de Infantil)

Aquí vos deixamos un vídeo do ben que o pasou Leire coa mochila viaxeira. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!


22 feb 2018

DÍA DE ROSALÍA

Todos/as coñecemos o nome do noso centro educativo, pero algún de vos sabe quen era Rosalía de Castro?, a que se adicaba?, que fixo polo galego e polos galegos?
Pois o vindeiro 24 de febreiro celébranse os 181 anos dende o seu nacemento. Unha ocasión perfecta para saber algo máis sobre esta escritora. Para levar a cabo esta tarefa, dende a biblioteca proporcionámosvos unha serie de libros que estarán expostos no corredor de infantil.