30 sept 2015

CONCURSO DO PDI

Continuamos coas indicacións para atopar a segunda pista sobre o título do noso PDI deste curso. Así que todos A MOVER O CORPO E A MENTE!! Moita sorte!!

ED. INFANTIL

Para atopar esta nova pista todo o mundo a gatexar!!!






ED. PRIMARIA 

1º Se a segunda pista queredes atopar, buscade unha canastra para anotar.




2º Se a segunda pista queredes atopar, buscade no lugar onde podedes bailar.



3º Se a segunda pista queredes atopar, polo voso corredor debedes camiñar.


4º Se a segunda pista queredes atopar, todo o mundo a gatexar.







5º Se a segunda pista queredes atopar, moito teredes que saltar.





6º Se a primeira pista queredes atopar,  comezade a quentar.




MAPA DE POETAS GALEGOS



AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) fixo público un mapa de poetas, realizado por Noelia Gómez. Uns maís coñecidos que outros, unhas con máis obra e outras.. pero todas elas con videos de recitados na páxina da asociación.
Como noutros ámbitos, na costa concéntranse tamén as persoas creadoras de poesía. Démoslle unha volta á xeografía mentres escoitamos poemas e coñecemos / recoñecemos poetas. Cada un de nós pode buscar quen está máis perto da súa localidade ou da súa sensibilidade (con rima, tamén).

24 sept 2015

NEIRA VILAS SEGUE CONTÁNDONOS HISTORIAS


 O xardín de Irene, é un libro poesía para primeiros lectores. Di o autor que a este público polo que sinte especial predilección hai que darlles palabras en idioma galego desde o berce, co obxectivo de que ao medrar sigan querendo ler na lingua de Galicia. Darlles versos, achegarlles un ritmo que os engancha. As ilustracións son de Leandro Lamas, un creador moi próximo á infancia. Edición de editorial ferrolá Embora.








Cantos de sol a sol é un libro-CD, con ilustracións de Xosé Vizoso y musicado por Xosé Lueiro. Aquí as poesías son 
musicadas e as ilustracións enchen as páxinas para acompañar as cancións.









Tamén ilustrado por Xosé Vizoso está o libro Aquel neno que consta de pequenos relatos do autor de Gres.
Todos eles, dirixidos á infancia. Todos eles escritos nos últimos anos con toda a enerxía creadora do autor das Memorias dun neno labrego. Neira Vilas continúa a producir os textos necesarios.



21 sept 2015

CONCURSO DO PDI

Este novo curso queremos que vos transformedes nuns magníficos investigadores. Por ese motivo non volo imos poñer tan doado como de costume. Se queredes enterarvos da temática do PDI deberedes traballar para conseguilo. 
Aquí van as primeiras indicacións para atopar as pistas que vos levarán á solución do enigma. Sorte a todos!!

ED. INFANTIL

Deberedes buscar onde os CREBACABEZAS
















ED. PRIMARIA 

1º Se a primeira pista queredes atopar, comezade a quentar!!













2º Se a primeira pista queredes atopar, moito teredes que saltar!!


3º Se a primeira pista queredes atopar, todo o mundo a gatexar!!


4º Se a primeira pista queredes atopar, polo corredor debedes camiñar!!




5º Se a primeira pista queredes atopar, buscade no lugar onde podedes bailar!!



6º Se a primeira pista queredes atopar,  anotade na canastra xa!!





14 sept 2015

INICIAMOS O CURSO 2015/2016







Benvidos compañeiros e compañeiras!!!
Acabáronse os longos días do verán, as sestas ata as 6 da tarde, deitarse ás doce e levantarse tamén as doce...
Pero o curso tamén ten as súas cousas divertidas!!! Reunirse cos amigos e amigas, as festas e celebracións, aprender cousas novas, deixarnos sorprender polos mestres...
Así que, para comezar con bo pe, dende a biblioteca queremos recomendarvos unha serie de recursos para que o inicio do curso sexa máis levadeiro:







1. Organiza o teu horario deixando tempos establecidos para adicarlle ás cousas do colexio, ás actividades extraescolares e que che sobre tempo para adicar ás túas aficións.
2. Se puntual.
3. Saúda ao chegar ao colexio.
4. Achégate aos teus compañeiros e FALA.
5. Déitate cedo, durme ben.
6. Almorza de xeito saudable.
7. Busca na túa casa o mellor lugar para estudar, aquel que che axude a concentrarte.
8. Cando te poñas a traballar establece algún descanso.
9. Recompénsate a ti mesmo con algo que che agrade cando remates de estudar.






E para os papás e mamás deixámosvos este enlace con recomendacións para axudar aos vosos fillos a comezar ben!!


TAMÉN QUEREMOS LEMBRARVOS QUE A BIBLIO XA ESTÁ ABERTA PARA O EMPRÉSTITO TODOS OS RECREOS, AS MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA E AS GANAS DE DESFRUTAR DA LECTURA CONVOSCO A TOPE!!!!