Benvidos compañeiros e compañeiras!!!
Acabáronse os longos días do verán, as sestas ata as 6 da tarde, deitarse ás doce e levantarse tamén as doce...
Pero o curso tamén ten as súas cousas divertidas!!! Reunirse cos amigos e amigas, as festas e celebracións, aprender cousas novas, deixarnos sorprender polos mestres...
Así que, para comezar con bo pe, dende a biblioteca queremos recomendarvos unha serie de recursos para que o inicio do curso sexa máis levadeiro:
1. Organiza o teu horario deixando tempos establecidos para adicarlle ás cousas do colexio, ás actividades extraescolares e que che sobre tempo para adicar ás túas aficións.
2. Se puntual.
3. Saúda ao chegar ao colexio.
4. Achégate aos teus compañeiros e FALA.
5. Déitate cedo, durme ben.
6. Almorza de xeito saudable.
7. Busca na túa casa o mellor lugar para estudar, aquel que che axude a concentrarte.
8. Cando te poñas a traballar establece algún descanso.
9. Recompénsate a ti mesmo con algo que che agrade cando remates de estudar.
E para os papás e mamás deixámosvos este enlace con recomendacións para axudar aos vosos fillos a comezar ben!!
TAMÉN QUEREMOS LEMBRARVOS QUE A BIBLIO XA ESTÁ ABERTA PARA O EMPRÉSTITO TODOS OS RECREOS, AS MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA E AS GANAS DE DESFRUTAR DA LECTURA CONVOSCO A TOPE!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario