10 sept 2019

COMEZAMOS CURSO 2019-2020



EQUIPO DE BIBLIOTECA
INVITACIÓN AOS-ÁS ALUM@S



              





¡Querid@ alumn@!: 

Como tódolos anos, a nosa Biblioteca Escolar xa está aberta para que poidas acudir a ela en busca das últimas novidades, para que te volvas atopar cos teus personaxes favoritos, para que deixes voar a túa imaxinación e disfrutes de viaxes, aventuras e desafíos apaixonantes.
Ler libros é unha actividade moi divertida, na que ti es o protagonista, e cantos máis leas, mellor aprenderás a ler. Ademais, os libros axudaranche a madurar e con eles aprenderás moitas cousas.
                Anímate e non deixes de acudir. A nosa Biblioteca estará aberta tódolos recreos, incluso cando chova, para que leves prestados os teus libros favoritos.
¡Non faltes!  ¡Agardámoste! E recorda que:

- A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para facer os deberes nin para comer.
- Se queres levar un libro prestado e chove durante o recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula.
- Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de coller outro, debes devolver o libro prestado ao responsable da Biblioteca.
- Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo.
- O libro serache prestado por unha semana, e transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana.
- Cando busques un libro, deixa os que están nas estanterías ben ordenados.