24 abr 2014

VII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA


O VII Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado premio recaeu en Ícaro, obra do ilustradorFederico Delicado.
premio está dotado con 9.000 euros e coa publicación nas cinco linguas peninsulares no mes de outubro. Segundo o xurado trátase “moi contemporáneo”, dun traballo “para pensar e sentir” pola súa capacidade para “aguilloar as conciencias, sendo provocador e esperanzador á vez”. Tamén destacaron a súa “perfecta simbiose entre texto e ilustración, que se complementan mutuamente e ofrecen múltiples lecturas”, e tamén que “non deixa indiferente a ninguén”, facendo “dubidar” os lectores sobre “onde comeza a realidade e onde remata a fantasía”.
Dende o punto de vista artístico, consideraron que rende “homenaxe aos grandes creadores, Franz KafkaEdward Hopper”. A calidade plástica das ilustracións reflíctese, puntualizou o xurado, “nas atmosferas creadas que engaden profundidade e densidade á lectura”, con pistas que se apuntan en cada imaxe abrindo “a posibilidade a novas interpretacións”.
Ademais de acordar por maioría que “Ícaro” sexa a obra gañadora, o xurado do VII Premio Internacional Compostela declarou finalista o álbum titulado “Sonho com asas”, das portuguesas Fátima Afonso e María Teresa Martinho Marques, de Setúbal e Azeitao, respectivamente.
Pola súa calidade, o xurado recomendou a edición de “Antoni Gaudí”, de Dàlia Adillón Mars, da localidade barcelonesa de Vic; “Pescadoras”, de Nadia Graciela Menotti Ayala, de Bos Aires; e "Máquina Ballena”, de Federico Fernández Alonso e Germán González Pintos, de Vigo.
(Información na páxina de Editorial Kalandraka.)

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


Montañas na cama de Maricuela, publicado por OQO; Bululú de Beatriz Giménez de Ory e El idioma secreto de María José Ferrada, publicados por Factoría K, foron premiados co galardón da Fundación Cuatrogatos para a infanica e a xuventude latinoamericana.
Na propia comunicación, dise que a finalidade do premio é "contribuír a destacar os valores das obras premiadas, para que cheguen, durante o 2014, ao maior número posible de fogares e escolas".
OQO e K representan o mellor da edición galega dirixida a determinados tramos de idade, especialmente na especificidade do álbum ilustrado. 
Libros de editor que ven a luz en Galicia apara o mundo. 

11 abr 2014

SORTEOS POLO MES DO LIBRO






No primeiro sorteo polo mes do libro, celebrado o venres 4 de abril, os premiados con libros e outros agasallos foron:
.Ana Lois Medrano, de 6º B
.Lucía Villanueva García, de 2º B







7 abr 2014

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA

Este ano o lema das bibliotecas escolares é "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA". Dende a biblio do Rosalía queremos colaborar con esta iniciativa e para iso poñemos á disposición de toda a comunidade educativa (no corredor da primeira planta) unha selección de libros de ciencia.

4 abr 2014

EXCURSIÓN INFANTIL

Este ano, como xa comentamos en anteriores entradas, dende a biblioteca fomentouse o traballo a través dun Proxecto Documental Integrado (P.D.I.) "Galicia de pedra". En torno a esta temática, os alumn@s de Ed. Infantil están a traballar a Prehistoria (covas, dolmens, menhires, instrumentos de pedra...) 
Para coñecer un pouco máis sobre esta época da nosa historia foron de excursión ao "Parque Arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro" onde fixeron unha visita guiada para coñecer as costumes e vida dos nosos antepasados. Ademáis tamén levaron a cabo un obradoiro de petroglifos. 
Pasárono moi ben!!!



ILUSTRA O TEU POEMA FAVORITO

O mes de marzo acaba de rematar. Durante o seu transcurso estivemos a celebrar o "mes da poesía". Como tributo á palabra poética, os alumn@s copiaron e ilustraron o seu poema preferido e logo elaboramos unha exposición. A continuación podedes ver algún destes traballos nun vídeo acompañado dun "audio" moi interesante: un poema de Rubén Darío. Esperamos que vos guste!