Que tal vai todo?
Espero que a ponte resultara proveitosa para vós, seguro que xa estabades desexando volver ao cole e así poder visitar o voso rincón favorito, a Biblioteca.
O que non esperabas era atopar tanto rebumbio e tanta desorde, pero temos unha explicación.
O curso pasado pegámoslle un repaso á Biblio que a deixou totalmente irrecoñecible, pero faltou un 10% para quedar plenamente satisfeitos. Ese 10% vaise completar nos vindeiros días, xa que o proxector será colocado no teito e as estanterías vellas que aínda quedaban serán cambiadas, dese xeito teremos a nosa Biblioteca uniforme. Ademais teremos caixón para aqueles estantes que o precisen.
Vai quedar xenial e, como non, poñereivos imaxes en canto as teña, lémonos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario