26 oct. 2010

Unha semana difícil

Como estamos?
Non ter internet no colexio está a supoñer un verdadeiro problema para o desenvolvemento normal do blogue, por causa da nosa "desconexión" estanse a ver alteradas as nosas seccións habituais.
De todas formas, podo informarvos dos empréstitos da semana pasada, que foron 165, unha cifra decente pero insuficiente para nós.
Dicirvos tamén que o número dous das Donticias está a piques de ver a luz, o próximo martes estará xa polas aulas e polos andares.
Unha aperta e a seguir preparando o Samaín!

1 comentario:

Nico dijo...

Xa imaxinome Donte non ter internet no colexio .....Bueno haber se pra proxima semana pode haber E preparade o Samain!!!!!!



Nico 5ª