19 oct 2010

Recursos didácticos: O Samaín


Ola a tod@s!

Hoxe estreamos a sección de "recursos didácticos", de carácter puntual, dirixida a facilitar o traballo aos docentes do centro.
Con esta sección o equipo de biblioteca pretende escoller aqueles recursos de maior calidade que se atopen na rede e poñelos a disposición das nosas compañeiras e compañeiros da forma máis sinxela posible: accedendo a eles a través do noso blogue.
Nesta ocasión a sección adícase ao Samaín. Aínda que faltan uns días para a súa celebración coidamos que é necesario colgar xa os recursos para que lles podades votar unha ollada e, se cadra, ir seleccionando aqueles que vos resulten máis interesantes.
No estupendo blogue "O recanto de Mik" atopamos un enlace á selección completísima que elaboraron @s compañeir@s do CEIP Victor Sáenz, con actividades de todo tipo e para todas as idades. Premede na imaxe para ter acceso aos recursos.
Esperamos que sexan do voso agrado.

Ata a próxima!

3 comentarios:

laura dijo...

no me interesa o samain interesame anxo fariña

Manu Felpeto dijo...

Pois querida Laura, telo ben fácil, vai ás entradas relacionadas con ese autor!

laura dijo...

DE laura
Para donte
Hola donte:
Tes que poñer esto:
Halloween é unha festa que provén da cultura céltica que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro. Os rapaces disfrázanse para a ocasión e paséanse polas rúas pedindo doces de porta en porta. Despois de chamar ás portas os rapaces pronuncian a frase "Truco ou trato" ou "Doce ou trato".
A festa do samaín marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados. Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño –posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición ten continuidade nas festas de Halloween que podería ter sido exportada aos Estados Unidos polos irlandeses no século XIX e comezos do XX.