5 may 2010

Para que len Sara e Aida?

"Leo para entrar nun mundo de aventuras, para percorrer os sete mares cos meus amigos os piratas en busca de tesouros, para visitar as estrelas cos meus amigos marciáns, para voar polo ceo azul como un paxaro libre e saltar nas nubes de algodón. Leo para ser unha princesa da Idade Media, ou unha vaqueira do lonxano oeste, para adentrarme nos bosques e visitar ás meigas, dragóns, sereas, fadas, trasnos, gnomos, pegasos e unicornios, para entrar nos castelos encantados onde viven as pantasmas, os vampiros e os homes lobo.
Leo porque cando abro un libro métome nestas mil aventuras onde xogo e divírtome con locura."
"Eu leo para divertirme, para aprender e enriquecer o meu vocabulario. Gústame meterme na pel das personaxes e un día ser unha fada, outro un ladrón, ou unha ratiña, ou un detective.
Gústanme os libros que me enganchan ata o final e non quero parar de ler porque quero saber o que pasará no capítulo seguinte. Con este tipo de libros divírtome moito."

No hay comentarios: