26 abr 2010

COMEZA UNHA NOVA SEMANA

Boas!! Como foi esa fin de semana?? Espero que ben, por aquí aínda estamos coa resaca do Día do Libro. Sabedes que a semana pasada prestamos 289 libros? Teño que revisar os arquivos, pero creo que se trata dun rexistro histórico. A ver se a inercia da semana pasada fai que sigamos con cifras elevadas. Un consello; se ves devolver un libro, pégate unha volta e busca outro que te chame a atención, non te vaias de baleiro.
Con respecto ao acto do venres vouvos facer un par de apuntes, ao longo desta semana subirei un vídeo-montaxe coas fotos, ademais publicarei os nomes e as cifras dos premiados/as como mellores lectores/as; por último, poñerei as fotografías dos alumnos/as que leron as súas respostas á pregunta "Para que les?".
Se te preguntas polo Dontest, esta semana non haberá. O motivo é que como soamente queda un non quero que se desvíe a atención del xa que é moi especial; a protagonista será unha mestra que ten ben ganado o cariño de toda a comunidade educativa e de todo O Grove en xeral, así que como a semana que ven se presenta máis tranquila toda a atención será para ela. Ben o merece.
Un saúdo!!
PD: nunhas horas vai o vídeo...shhhhhh

No hay comentarios: