Na semana do 24 de febreiro recomendámosvos:
A Fundación Catro Gatos, de Miami, creada polos escritores Sergio Andricaín e Antonio Orlando Rodríguez, ten como unha das súas finalidades a difusión de literatura infantil e xuvenil de calidade entre a comunidade de orixe hispano dos EEUU. Cada ano publican os premios da Fundación, un listado de vinte libros altamente recomendados polos seus valores literarios e plásticos. Neste 2014, entre os premiados están Montañas na cama, de Maricuela, publicada por OQO Editora; Bululú, de Beatriz Giménez de Ory e El Idioma Secreto de María José Ferrada, ambos os dous deFaktoría K de Libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario