Algún de vós pensará: "Xa era hora", pero vos podo asegurar que a actividade na Biblioteca foi frenética para poñer todo en marcha. O luns comezan os empréstitos e como vos veño dicindo ides comprobar que as estanterías teñen agora unha nova disposición. Como podes ver nesta foto as etiquetas axudarante a atopar o tipo de libro que buscas con facilidade.
Tamén comezaremos coas mochilas viaxeiras, coa novidade de que este curso ides disfrutar delas dúas semanas.
Así que que pase axiña a fin de semana para empezar!!
Estou desexando que empecedes a visitarme, lémonos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario