12 dic 2021

Andainas 2021-2022

En consonancia coa implicación da Biblioteca Escolar na Axenda 2030 das Nacións Unidas e a promoción dos seus obxectivos e metas, organizamos unha serie de andainas pola vila do Grove, dirixidas aos alumnos de Primaria, para fomentar hábitos de vida saudable, o coñecemento e posta en valor dos valores intrínsecos do noso pobo (edificios, parques, persoas, paisaxes e xeografías varias, tales coma illas, praias, montes, enseadas, actividades económicas, focos de atracción turística, cultura, tradicións, lugares protexidos polo seu gran valor medio ambiental, etc...) e a implicación na súa protección e o seu coidado. Estas andainas repetirémolas tamén nos segundo e terceiro trimestres, visitando lugares diferentes. Aquí vos deixamos unha mostra das andinas. 



No hay comentarios: