8 oct 2021
12 contos Seleccionado por Charo Pita
De entre os numerosos textos de Contos ó teléfono de Gianni Rodari, editados por Juventud en 1986 e traducidos por Xela e Valentín Arias, a contadora Charo Pita seleccionou doce contos (e un prólogo) para ser convertidos ao formato podcast. Ese é o núcleo do especial "Xela e Gianni", que publica hoxe o Consello da Cultura Galega, e que rende homenaxe á faceta de Xela Arias como tradutora de literatura infantil e xuvenil. Estas versións sonoras da tradución de Xela Arias das rodarianas Favole al telefono están dispoñibles para o público durante un ano grazas á colaboración dos herdeiros de Gianni Rodari, mergúllannos nun mundo de fantasía cotiá que estivo, ademais, na cerna do auxe da literatura infantil e xuvenil en galego nos anos 80. Acompáñanos unha contextualización da profesora da USC Montse Pena e unha ilustración de Bea Gregores.
Máis información no enlace:
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=32988
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario