Durante o mes de febreiro estamos a realizar diversas actividades para traballar co alumnado a temática do amor ao mesmo tempo que o estilo literario da poesía, tan ligado a este sentimento.
Debuxa ao teu amigo/a favorito.
Queres ser o meu amigo/amiga.
Cartas e poemas de amor.
Todas elas son propostas que dende Ed. Infantil ata 6º curso pretenden que o alumnado sexa consciente e exprese os seus mellores sentimentos.
Por outra banda tamén propoñemos, para toda a comunidade educativa, un concurso de Acrósticos de amor. Desenvolverase en dúas categorías: adultos (para pais, nais, avós, mestres, etc.) e nen@s (alumnado) e os mellores de cada categoría recibirán un premio. Animádevos a participar xa que o prazo remata este venres.
A continuación queremos amosarvos o traballo dos nen@s que tamén podedes vir a observar no corredor principal do colexio. Esperamos que vos guste!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario