Hoxe, tras varias semanas preparándonos, chegou o momento de celebrar o Día da Paz. Aproveitando que lucía o sol, todo o alumnado e o profesorado saiu ao patio de Conchases. O acto comezou coa lectura dun Manifesto pola Paz. A continuación se lanzaron uns globos xigantes para xogar entre todos, porque todos xuntos, unidos, apoiándonos uns nos outros, somos fortes.
Despois chegou o momento de cantar. O profe Alfonso máis a clase de 5º A iniciaron a canción, á que despois nos unimos o resto. Quen puidera namorala...Fermosa canción.
Como remate final soltáronse dúas pombas, pero non quedou constancia gráfica do momento. Prometemos que para a vindeira ocasión pactaremos un posado previo coas pombas antes de que se voten a voar.
Non debemos esquecer que o noso compromiso coa paz non é cousa dun día, senón que debe ser permanente. Coidar e respectar aos nosos amigos e amigas e ás persoas que nos queren pode ser a nosa contribución. Desexamos que este espíritu pacífico e amistoso nos acompañe o resto do curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario