Ola dontiñ@s, que tal a fin de semana? Espero que ben. Hoxe, coma todos os luns chega o momento das novas. Non sexades impacientes, comenzo xa:
- Repetimos a cifra de empréstitos da semana anterior, un total de 177, dos cales 103 se fixeron no recreo e o resto nas titorías. Noraboa! É unha cifra moi importante e estamos contentos, pero non queremos deixar de lembrarvos que o máis importante é que disfrutedes da lectura. Adicádelle tempo a seleccionar o libro que queredes levar e tamén á hora de leelo. Sabedes que se necesitades máis tempo só tedes que vir a renovar o empréstito. O expositor da entrada da biblio sempre está cheo de libros que pensamos vos poden interesar, ben sexan novidades ou seleccións relacionadas con algún tema en concreto. E están listos para levar, só tedes que entrar na biblio co libro escollido e formalizar o empréstito. A que esperades?!
- Mañá comeza febreiro e como o día 14 celébrase San Valentín pensamos que era unha boa idea adicar este mes ao amor e á amizade. Mañá no expositor colocaremos unha selección de libros relacionados co tema e intentaremos que as recomendacións e enlaces do blogue tamén vaian na mesma liña. Ademáis fixemos unha proposta a cada ciclo que esperamos teña boa acollida:
- Ao alumnado de 1º ciclo propoñémoslle que debuxe ao seu mellor amigo/a.
- Ao alumnado de 2º ciclo pedímoslle que explique brevemente por escrito "que é un amigo/a?"
- A proposta para o 3º ciclo consiste en facer poemas ou cartas de amor
En canto vaian chegando os primeiros traballos os expoñeremos na corcheira da biblioteca. Animádevos, sabemos que hai moito arte no cole pero hai que demostralo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario