23 oct 2012

Temos novidades: QUE TAL ESTÁS?



Que tal estás? é unha das últimas publicacións de Kalandraka, da man de Anthony Browne.
Trátase dunha desas traducións que aparecen na colección Tras os montes. Neste caso, a versión ao galego é de Silvia Pérez Tato. A esta pregunta, "que tal estás?" contéstase no libro: "Ben, pero ás veces estou aburrido e ás veces síntome só. Ás veces estou moi contento... e outras veces estou triste." Ata finalizar cunha nova pregunta: "E ti, que tal estás?" nun encadeado que nos vai levando duns a outras. 
Podemos dicir como estamos guiándonos polos contrarios ou non, pero sempre acompañando as palabras coas imaxes desas expresións. 
Un libro para ler e mirar, para observar e opinar; un libro para as emocións e os sentimentos que nos dará pé para facer o noso propio libriño co mesmo título ou algún outro semellante. Un libro para ler, para crear e para pasarlle a pregunta a un novo protagonista que tamén se verá empuxado a crear o seu propio libro... Poucas palabras que só lle poñen nome ás ilustracións, que campean por si mesma. A sinxeleza en estado puro, porque o breve cando é bo ...

No hay comentarios: