Chegou a primavera
é un día especial,
e a poesía celebra
o seu Día Mundial.
Expresión dos sentimentos,
expresión de sensacións,
coa poesía aprendemos
a que falen os corazóns.
As palabras collen ritmo
bailando todas a un son,
os versos van fluíndo
ata enchernos de emoción.
Esta derradeira estrofa
é unha pequena homenaxe
aos poetas de antes e agora,
que fixeron arte ao expresarse.
Donte.
Para tod@s aqueles que cremos que a poesía é un excelente xénero para empezar a ler polas súas "propiedades": cada verso pode coller no campo visual, permite aprender a ler con ritmo dende o principio...
Empreguémola!!
1 comentario:
A creatividade poética de Donte é todo un descobremento! A proveitarei esta preciosa poesía nas miñas clases. Graciñas
Publicar un comentario