27 sept 2017

"Chamando á Terra"



O sábado 9 de setembro comezou a emitirse na radio galega o programa Chamando a terra que ten como protagonista o libro en galego. Está dirixido pola xornalista e escritora María Solar e que conta coa colaboración de Montse Pena Presas, Malores Villanueva e Alba Cid.

O programa, que se emite os sábados entre tres e catro da tarde, ten como finalidade estimular as ganas de ler de todos os públicos e en todos os xéneros. Lecturas, entrevistas, recensións de libros ou opinións sonseccións fixas deste programa que comeza.

Seguiremos con atención este novo programa que achega novas da Literatura Infantil e Xuvenil en galego. Asimesmo pode servir de modelo para futuros programas sobre libros desenvolvidos polas bibliotecas escolares.
Podedes escoitar os dous primeiros podcast no seguinte enlace

No hay comentarios: