7 sept 2017

INVITACIÓN

             INVITACIÓN AOS-ÁS ALUM@S

¡Querid@ alumn@!:
Como tódolos anos, a nosa Biblioteca Escolar xa está aberta para que


Resultado de imagen de PAN BIBLIOTECA ESCOLARES XUNTApoidas acudir a ela en busca das últimas novidades, para que te volvas
atopar cos teus personaxes favoritos, para que deixes voar a túa
imaxinación e disfrutes de viaxes, aventuras e desafíos apaixonantes.
Ler libros é unha actividade moi divertida, na que ti es o
protagonista, e cantos máis leas, mellor aprenderás a ler. Ademais, os libros

axudaranche a madurar e con eles aprenderás moitas cousas.
Anímate e non deixes de acudir. A nosa Biblioteca estará aberta
tódolos recreos, incluso cando chova, para que leves prestados os teus
libros favoritos.

¡Non faltes! ¡Agardámoste! E recorda que:

- A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para
face-los deberes nin para comer.
-Se queres levar un libro prestado e chove durante o
recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula.
- Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de
coller outro, debes devolver o libro prestado ao mestre
ou mestra que estea no ordenador.
-Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo.
-O libro serache prestado por unha semana, e
transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches
de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana.
- Cando busques un libro, deixa os que están nas
estanterías ben ordenados.

No hay comentarios: