13 mar 2018

VISITAS DO MES DE MARZO


¡Querid@s alumn@s!:  


Neste mes de marzo temos motivos para estar contentos, pois imos recibir a visita de dúas escritoras.
O día 16 vainos visitar Ana Alonso, que xa estivo con nós noutra ocasión, e volve ao noso Colexio. Vai ter un encontro cos alumnos de 3º e 4º Niveis, que leron algúns dos seus libros: “El baño de Cleoptara”, “Misión Tierra 5” e “Caballero superhéroe”. Seguro que será un momento especial para todos.
O mes de marzo é o mes adicado á POESÍA, ese xénero literario cheo de lírica, musicalidade, sensibilidade, sentimentos e paixón. No corredor central do Colexio temos unha ampla exposición de libros de poesía que podedes levar para casa. Ademais, o día 21 de marzo é o Día Internacional da Poesía, e para celebralo dunha maneira especial vainos visitar a escritora María Canosa, que escribe libros para nenos, entre eles obras poéticas como “Acuario” ou “Ronca o mar”. 
Vai ter un encontro cos nenos de 3º Nivel, que leron o seu libro “A cazadora de estrelas”. Esperamos que a visita sexa do seu agrado.

No hay comentarios: