Un dos libros de Anthony Browne.
O ilustrador británico ofrécenos a través da Editorial kalandraka o seu libro Un paseo polo parque.
Neste álbum aparecen as notas de identidade do creador: a inclusión dos valores, a marabillosa construción da ilustración, os trazos surrealistas introducíndose na realidade para crear un ambiente onírico, un texto sintético pero pleno de significado...
Un paseo polo bosque preséntanos un momento da vida de dúas familias que levan a pasear o can polo parque. Un pai cunha filla e un can, unha nai cun fillo e un can. Moi distintos como tamén o son as casas das que parten, peor no parque coinciden. Comezan xogando entre si os cans, continúan achegándose os rapaces ata que el a agasalla a ela cunha flor... os pais están sentados un a cada lado do banco sen mirar sequera. Ignóranse. A incomunicación pálpase. Os adultos están demasiado distanciados e incapaces de mirarse ou falarse. Terían tanto que aprender dos cans e dos nenos...
A tradución da obra correu a cargo de Sandra e Óscar Senra Gómez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario