25 nov 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA

Na semana do 25 e para traballar os valores relacionados co "Día contra a violencia de xénero" recomendamos:




Adela Turín e Nella Bosnia, fixeron posible unha colección que se chamou "A favor das nenas". Desa colección está traducindo ao galego e publicando Kalandraka títulos como Rosa Caramelo e Arturo e Clementina. Agora, aparece esta: A historia dos bonobos con lentes, traducida por G. Tolentino.
Unha sociedade bonoba dividida en machos e femias. Eles, divírtense e modernízanse, mentras elas buscan a comida e coidan deles e das criaturas... a metáfora da distribución do traballo por sexo.  
Nas viaxes e "actualización" dos machos hai moita ironía: chegan falando catro frases noutro idioma (como un gran avance) e colocándose gafas de sol que tamén distribúen entre os que son quen de repetir as tales palabriñas. Certamente podíamos rirnos de nós mesmos... A diferenza é que nese caso elas quedan fóra do progreso, e iso sálvaas. Un día deciden irse a outro lugar coas crianzas e construír unha sociedade con sentidiño, fan o traballo coa rapazada (sexa do sexo que sexa) e crean, crean... avanzan e son felices como nunca o foran. Os bonobos, condenados a buscarse o alimento, xa non o pasan tan ben... e miran con envexa o mundo das bonobas...
 
Todos estes libros están á vosa disposición na exposición que está montada no corredor do centro, así mesmo podedes botar man deles na biblioteca en calquera outra ocasión.

No hay comentarios: