28 oct 2013

LIBRO RECOMENDADO DA SEMANA


A semana do 28 de outubro recomendámosvos:

Os Megatoxos chegan de novo ás librarías.
Unha nova entrega: Os Megatoxos e os Templarios da Luz, que é a reedición do terceiro da serie, cunha nova revisión e ampliación de textos antigos, engadindo páxinas que anteriormente non saíran á luz (e nunca tan a conto), tal como explica o seu autor, Anxo Fariña.
Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe, os nosos superheroes coa súa dobre vida (como corresponde ao seu estado) seguen a loitar contra o mal. Ese é o seu destino!
É ben certo que este tipo de produtos son moi necesarios, entre nós, aínda que nunca formen parte do itinerario lector do centro. 
Materiais que crean o hábito lector, libros que non caen da man, sen necesitar apoio de ningún adulto, libros que se deixan ler e que fidelizan ao lector porque lle resultan moi doados despois da primeira entrega. Polo tanto, libros que están á altura doutras traducións ou doutras linguas.
Tal vez esteamos necesitando uns Megatoxos que saian á defensa da lingua e a espallen polos camiños igual que se esparexe o toxo polos montes.

No hay comentarios: