1 oct 2013

RENOVAMOS O DONTEST!!!!


Este ano continuamos indagando entre as costumes do profesorado!! Pero queremos saber máis!!!
O Dontest volve renovado, no seu mellor momento!! Introdúcese de cheo nas tecnoloxías da información e comunicación seguindo os derroteiros da sociedade actual.
Para todos e todas os curiosos aquí tedes o Dontest da profe Belén (de 3º A)





Lembras quen che ensinou a ler?
A MIÑA MESTRA DE ED. INFANTIL

Cal foi o primeiro libro que liches?
BAMBI

Cal é o teu libro favorito?
ÁNGELES Y DEMONIOS DE DAN BROWN

E o teu autor preferido?
MARY HIGGINS CLARK

Cal é o último libro que liches?
ENSAYO SOBRE LA CEGUERA DE JOSÉ SARAMAGO

Cantas horas les á semana?
TRES HORAS

Agora estás a ler...
INFIERNO DE DAN BROWN

Para rematar, un lugar e un momento para ler:
A PRAIA, SOBRE TODO DESPOIS DE COMER.




Lembras a primeira vez que te conectaches á Rede?
CON 16 ANOS NUN CURSO DE INFORMÁTICA

Onde soes conectarte a Internet?
PRINCIPALMENTE NA CASA E NO TRABALLO

Para que soes usar a Rede? Sinala do 1 (menos frecuente) o 3 (máis frecuente)
PRINCIPALMENTE PARA CONSULTAR O CORREO.  
TAMÉN PARA VER VÍDEOS (youtube, google video, yahoo video...) E CONSULTAR O FACEBOOK, TWITER, BLOGUES... 
POUCAS VECES XOGO "ON LINE", DESCARGO MÚSICA OU FAGO COMPRAS.

Como te conectas?
A TRAVÉS DA CONEXIÓN ADSL E TAMÉN COA BANDA ANCHA NO MEU MOVIL.

A que medios de comunicación accedes a través da rede?
LEO OS DIARIOS

Cal é o blogue, páxina web... ao que máis uso lle das?
PÁXINAS DE EDUCACIÓN E ACTIVIDADES EDUCATIVAS, A PÁXINA DA XUNTA, CORREO, DIARIOS, ETC.

Para rematar, o momento do día no que sempre "estás conectada"
Á TARDE-NOITE POLO XERAL.


No hay comentarios: