Se accededes no menu principal á páxina "LIBRO RECOMENDADO DA SEMANA" poderedes observar que as últimas semanas comezamos a recomendar libros que por diversidade de motivos vale a pena coñecer, ler e desfrutar.
Esta semana 21/10/13 recomendamos:
Estudios Tex. O mundo dos debuxos animados de Abraham Carreiro (Edicións Moito Conto) é un proxecto editorial e didáctico, enfocado a un público infantil, que trata de achegar o marabilloso mundo da animación aos nenos e ás nenas mediante unha historia divertida e de suspense. Os estudios Tex son o escenario onde transcorren as aventuras dos protagonistas deste libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario