A semana pasada, con motivo da celebración da "Semana da prensa na escola" , os alumnos/as de 6º de primaria recibiron a visita de José Pereiro, director do xornal Diario de Arousa.
Explicoulles o proceso que se segue para facer un xornal. A charla resultou moi interesante e seguro que a máis de un se lle espertou a vea periodística.
Pola súa parte, os alumnos de 5º de primaria recibiron a Sole Rey , periodista do xornal Faro de Vigo, que falou sobre as diferentes seccións e edicións do xornal, prestando atención a aquelas que afectan ao entorno máis próximo, Arousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario