O curso pasado Donte sorprendeunos cun poema dedicado á chegada da primavera; hoxe recordámolo co mesmo motivo, xa que ás 6:14h produciuse o equinoccio de primavera que indica a entrada desta alegre estación.(momento que vedes reflexado na imaxe da esquerda)
Poema de Donte
Chegou a primavera
é un día especial,
e a poesía celebra
o seu Día Mundial.
Expresión dos sentimentos,
expresión de sensacións,
coa poesía aprendemos
a que falen os corazóns.
As palabras collen ritmo
bailando todas a un son,
os versos van fluíndo
ata enchernos de emoción.
Esta derradeira estrofa
é unha pequena homenaxe
aos poetas de antes e agora,
que fixeron arte ao expresarse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario