"Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundo e outras vidas".
Así comeza o texto OS RÍOS DA VIDA co que Agustín Fernández Paz agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia, co gallo do Día Mundial do Libro, e que se publica nun marcapáxinas para conmemorar esta data no ano 2012.
Son moitas as actividades que se están a programar estes días nas bibliotecas escolares de todo o país. Neste enlace pódense consultar e confirmar así a variedade de propostas que se realizan, coa participación dos distintos sectores da comunidade educativa.
No noso cole hoxe tivemos un recreo de tolos xa que foi unha auténtica marbunta a que se aproximou á biblio para levar un libro. Todos eles levaron un marcapáxinas de regalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario