14 feb 2011

Feliz día de San Valentín


Feliz dia de San Valentín a tod@s! Especialmente para os que están perdidamente namorados da lectura, cunha paixón desenfreada que os leva a devorar un libro tras outro sen apenas decatarse.

Falando de libros, estamos de noraboa, o número de empréstitos aumentou a semana pasada, nada máis e nada menos que 196. A ver se seguimos asi!
Xa para rematar, como podedes comprobar nas fotos, ampliamos o panel do amor e a amizade na parte traseira do corcho móbil e inauguramos unha nova corcheira no exterior da biblioteca cos debuxos dos mellores amigos e amigas do alumnado de 1º e 2º. Son uns traballos preciosos!

No hay comentarios: