18 feb 2011

Unha recomendación literaria histórica

Ola, que tal foi a semana? Un pouco pasada por auga con este temporal, verdade?. Pero se hai algo de bo en non poder sair á rua a xogar, é que temos tempo para outras activadades máis tranquilas que se poden facer en calquer lugar, entre elas: LER.
Seguindo coa temática do mes, esta semana recomendamos "Xograres e trobadores" da editorial A Nosa Terra, no que podedes aprender un pouco de historia, en concreto da Idade Media, e do esplendor da lingua galego-portuguesa nese periodo histórico. De feito, era a lingua que empleaban os trobadores nas famosas cantigas de amor, de amigo, etc, das que se fala no libro. O podedes atopar no expositor da entrada da biblioteca, como o resto dabnselección de libros relacionados co amor e a amizade.
Pasade unha boa fin de semana e cargade ben as pilas para o luns. Lémonos!

No hay comentarios: