16 feb 2011

Nair Iglesias, de 5ºB, contesta o Dontest

Unha das "devoralibros" do colexio é a elexida desta semana para contarnos "segredos" persoais sobre lectura.
Nair responde da seguinte forma:

1. Lembras quen te ensinou a ler?

-Si, ensinoume María Xosé, con 5 anos

2. Cal foi o primeiro libro que liches?

- La gata Paca y la pata Amalia, da colección "El zoo de las letras"

3. Cal é o teu libro favorito?

- Os habitantes dos castros

4. E o teu autor/a preferido/a?

- Charles Perrault

5. Cal é o último libro que liches?

- Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches

6. Cantas horas les á semana?

- Leo unhas sete horas á semana

7. Agora estás a ler...

- Marie Curie, da colección "Me llamo..."

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.

- Pola tarde e sentada nas escaleiras, fronte á estufa

No hay comentarios: