Ola a tod@s! Comenzamos unha semana máis e, como todos os luns, toca falar de empréstitos e noticias da biblio.
- A semana pasada houbo un total de 165 empréstitos. Non está nada mal, ainda que baixamos con respecto ás semanas anteriores. Hoxe no recreo tivemos 18 empréstitos, seguro que estamos quentando motores e os próximos días as cifras subirán!
- Xa se moveron algúns libros da exposición do mes, noraboa! Animádevos a levalos emprestados porque podedes disfrutar da súa lectura e, á vez, inspiraros para levar a cabo as propostas de este mes que, recordamos, son: Cartas e poemas de amor para o 3º ciclo, definición de amig@ para o 2º ciclo e debuxos do meu mellor amigo/a para o 1º ciclo.
- Esperamos que nos de tempo a montar mañá o panel do amor e a amizade no que iremos colgando os vosos traballos. Xa temos recollidos uns cantos pero esperamos que ao longo do mes cheguen moitos máis.
Isto é todo amig@s, lémonos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario