9 feb. 2011

O amor está no aire, e no panel tamén


Xa estamos de volta un día máis no blogue máis amoroso do momento. Podemos dar por inaugurada a parte dianteira do noso "Panel do amor e amizade", con poemas de amor e definicións de "amig@" feitas por vós. Na parte traseira hai máis definicións e aínda quedan por poñer algunhas citas que seleccionamos do enlace que publicamos onte. Esperamos terminar de montar esta parte mañá.

As nosas fontes infórmannos de que en breve teremos os debuxos do "Meu mellor amig@" das titorías de 2º A e B. Estamos desexando ver esas obras de arte feitas con tanto agarimo!

Deica mañá!

No hay comentarios: