Pois si, dontiñ@s, comezamos esta semana sabendo que rematará cunha das festas que máis vos gustan, o Entroido. Durante toda a semana o Meco irá dando ordes para que todo o cole se caracterice como corresponda, así que a animarse e darlle colorido aos corredores.
E xa que falamos de animarnos aproveiro tamén para alentar aos lectores/as, que a semana pasada baixamos dos 200 empréstitos aos 166. Non é que sexan poucos, senon que nós queremos sempre máis e máis.
Mañá toca Dontest, lémonos!
28 feb 2011
25 feb 2011
Déixao medrar: a recomendación da semana

Se queredes saber máis xa sabedes o que hai que facer: ide a por el á biblio!
24 feb 2011
Hoxe é o día de Rosalía de Castro
O 24 de febreiro de 1837 nacía a máis grande poetisa galega, Rosalía de Castro. Aínda que o seu nome lle resulta coñecido para todo o mundo xa son menos os que coñecen os promenores da súa vida e obra.
Premendo na fotografía accedemos a unha sensacional web adicada a Rosalía na que poderás coñecer todo sobre a autora.A continuación podedes ver un vídeo no que se pode ler un resumo da vida de Rosalía. De fondo, unha fermosa canción: Negra Sombra, interpretada por outra gran loitadora, Luz Casal e coa música dun dos xenios da música galega, Carlos Núñez.
23 feb 2011
9000 visitas...9000 veces grazas
Coidar un blogue día a día e intentar aportar cousas á vida do colexio é un traballo constante. A única recompensa que se busca é que a comunidade educativa aproveite o traballo e o premio son as visitas recibidas.
A principios desta semana alcanzamos as 9000 visitas e para todos os que facemos O Blogue de Donte é un motivo de orgullo; por iso, grazas por seguir o noso traballo.
A principios desta semana alcanzamos as 9000 visitas e para todos os que facemos O Blogue de Donte é un motivo de orgullo; por iso, grazas por seguir o noso traballo.
22 feb 2011
Mara Galiñanes no Dontest
Seguimos cos alumnos, alumna neste caso, como protagonistas do Dontest. Unha das que ano tras ano está na cabeza da lista de visitas da Biblioteca é Mara Galiñanes, alumna de 5ºB.
Ter lido tantos libros fai que as súas respostas non sexas froito do azar. Comprobádeo:
Ter lido tantos libros fai que as súas respostas non sexas froito do azar. Comprobádeo:
1. Lembras quen te ensinou a ler?
Rosa en primeiro e logo cos meus pais na casa.2. Cal foi o primeiro libro que liches?
Rosi la conejita3. Cal é o teu libro favorito?
Os sete cabritiños e o lobo4. E o teu autor/a preferido/a?
Paula Carballeira5. Cal é o teu libro favorito?
El Cid6. Cantas horas les á semana?
Unhas cinco horas7. Agora estás a ler...
Los tres mosqueteros8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
Enriba da miña cama ou na alfombra e pola tarde.
21 feb 2011
Información Semanal
Boas!! Comzamos a semana moi contentos porque facendo o reconto de empréstitos da semana pasada comprobamos que chegamos novamente a esa cifra máxica dos 200! Temos que seguir así!
Esta semana seguiremos coa dinámica habitual do Blogue, mañá outra alumna pasará o Dontest, teremos as recomendacións semanais e é máis que posible que hacia o final da semana teñamos un novo número do noso xornal preferido: As Donticias.
Lémonos!
Esta semana seguiremos coa dinámica habitual do Blogue, mañá outra alumna pasará o Dontest, teremos as recomendacións semanais e é máis que posible que hacia o final da semana teñamos un novo número do noso xornal preferido: As Donticias.
Lémonos!
18 feb 2011
Unha recomendación literaria histórica

Seguindo coa temática do mes, esta semana recomendamos "Xograres e trobadores" da editorial A Nosa Terra, no que podedes aprender un pouco de historia, en concreto da Idade Media, e do esplendor da lingua galego-portuguesa nese periodo histórico. De feito, era a lingua que empleaban os trobadores nas famosas cantigas de amor, de amigo, etc, das que se fala no libro. O podedes atopar no expositor da entrada da biblioteca, como o resto dabnselección de libros relacionados co amor e a amizade.
Pasade unha boa fin de semana e cargade ben as pilas para o luns. Lémonos!
17 feb 2011
Xogos para tod@s

Ola dontiñ@s! Como todos os xoves, hoxe propoñemos un enlace. Estamos de sorte porque é para todas as idades, algo que non podemos dicir sempre. Trátase de Jueduland, unha páxina web na que se recollen enlaces a xogos educativos online de todas as áreas e niveis. Só tedes que premer na imaxe para acceder á páxina, a que estades esperando?
16 feb 2011
Nair Iglesias, de 5ºB, contesta o Dontest
Unha das "devoralibros" do colexio é a elexida desta semana para contarnos "segredos" persoais sobre lectura.
Nair responde da seguinte forma:
1. Lembras quen te ensinou a ler?
-Si, ensinoume María Xosé, con 5 anos
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- La gata Paca y la pata Amalia, da colección "El zoo de las letras"
3. Cal é o teu libro favorito?
- Os habitantes dos castros
4. E o teu autor/a preferido/a?
- Charles Perrault
5. Cal é o último libro que liches?
- Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches
6. Cantas horas les á semana?
- Leo unhas sete horas á semana
7. Agora estás a ler...
- Marie Curie, da colección "Me llamo..."
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Pola tarde e sentada nas escaleiras, fronte á estufa
Nair responde da seguinte forma:
1. Lembras quen te ensinou a ler?
-Si, ensinoume María Xosé, con 5 anos
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- La gata Paca y la pata Amalia, da colección "El zoo de las letras"
3. Cal é o teu libro favorito?
- Os habitantes dos castros
4. E o teu autor/a preferido/a?
- Charles Perrault
5. Cal é o último libro que liches?
- Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches
6. Cantas horas les á semana?
- Leo unhas sete horas á semana
7. Agora estás a ler...
- Marie Curie, da colección "Me llamo..."
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Pola tarde e sentada nas escaleiras, fronte á estufa
14 feb 2011
Feliz día de San Valentín
Feliz dia de San Valentín a tod@s! Especialmente para os que están perdidamente namorados da lectura, cunha paixón desenfreada que os leva a devorar un libro tras outro sen apenas decatarse.
Falando de libros, estamos de noraboa, o número de empréstitos aumentou a semana pasada, nada máis e nada menos que 196. A ver se seguimos asi!
Xa para rematar, como podedes comprobar nas fotos, ampliamos o panel do amor e a amizade na parte traseira do corcho móbil e inauguramos unha nova corcheira no exterior da biblioteca cos debuxos dos mellores amigos e amigas do alumnado de 1º e 2º. Son uns traballos preciosos!
11 feb 2011
A recomendación "amorosa" da semana
10 feb 2011
Earth song: amemos e coidemos o noso planeta
Ola dontiñ@s! Levamos falando de amor e amizade uns días pero sempre enfocando o tema cara as persoas. Nesta ocasión queremos falar da necesidade de querer e coidar o mundo onde vivimos, a súa flora e fauna, os seus habitantes... Este tema é o eixe central da canción "Earth song" que Michael Jackson publicou hai uns anos. Aquí tedes o videoclip con subtítulos en castelán para que podades entender ben a letra e reflexionar sobre ela.
9 feb 2011
O amor está no aire, e no panel tamén
Xa estamos de volta un día máis no blogue máis amoroso do momento. Podemos dar por inaugurada a parte dianteira do noso "Panel do amor e amizade", con poemas de amor e definicións de "amig@" feitas por vós. Na parte traseira hai máis definicións e aínda quedan por poñer algunhas citas que seleccionamos do enlace que publicamos onte. Esperamos terminar de montar esta parte mañá.
As nosas fontes infórmannos de que en breve teremos os debuxos do "Meu mellor amig@" das titorías de 2º A e B. Estamos desexando ver esas obras de arte feitas con tanto agarimo!
Deica mañá!
8 feb 2011
Citas sobre o amor e a amizade

Ola dontiñ@s! O panel do amor e a amizade ainda non esta rematado. Para facer que a espera sexa máis curta propoñémosvos a lectura de citas sobre o amor en parella, o amor en xeral e a amizade. Todas elas estan sacadas do libro "Mil pensamientos para vivir mejor", de Ángel Rodriguez Vilagrán. Premede na portada do libro para ter acceso a elas e reflexionade sobre o seu significado, dan moito que pensar.
7 feb 2011
Comezamos unha semana máis
Ola a tod@s! Comenzamos unha semana máis e, como todos os luns, toca falar de empréstitos e noticias da biblio.
- A semana pasada houbo un total de 165 empréstitos. Non está nada mal, ainda que baixamos con respecto ás semanas anteriores. Hoxe no recreo tivemos 18 empréstitos, seguro que estamos quentando motores e os próximos días as cifras subirán!
- Xa se moveron algúns libros da exposición do mes, noraboa! Animádevos a levalos emprestados porque podedes disfrutar da súa lectura e, á vez, inspiraros para levar a cabo as propostas de este mes que, recordamos, son: Cartas e poemas de amor para o 3º ciclo, definición de amig@ para o 2º ciclo e debuxos do meu mellor amigo/a para o 1º ciclo.
- Esperamos que nos de tempo a montar mañá o panel do amor e a amizade no que iremos colgando os vosos traballos. Xa temos recollidos uns cantos pero esperamos que ao longo do mes cheguen moitos máis.
Isto é todo amig@s, lémonos!
4 feb 2011
"Me llamo Shakespeare", recomendación da semana

Ola de novo! Como lembrades, o venres é o día da recomendación lectora, e hoxe toca, de novo, un libro de información. Como estamos no mes do amor e da amizade que mellor que coñecer un pouco máis a William Shakespeare, autor dunha das historias de amor máis coñecidas: "Romeo e Xulieta". Xa veredes como aprendedes moitas cousas interesantes da vida e obra deste dramaturgo inglés.
Pasade unha boa fin de semana!
Selección de libros sobre o amor e a amizade
Ola dontiñ@s! A selección de libros relacionados co amor e a amizade xa está no expositor da entrada da biblio. Hai tanto libros de ficción como de información e, sobre todo, hai libros para todas as idades. Como sempre, están listos para ser levados, só tedes que escoller un e entrar na biblio para formalizar o empréstito. A que estades esperando!?
3 feb 2011
O enlace da semana: Inglés para @s máis cativ@s

Ola de novo a todo o mundo! Sentimos a ausencia destes dias e esperamos continuar ca actualización do blogue a diario, como é o habitual.
Hoxe, xoves, é o día da semana adicado a recomendarvos que visitedes algunha páxina web da que vos proporcionamos o enlace. Navegando pola rede atopamos unha páxina adicada ao Inglés para @s máis cativ@s, que ten como finalidade complementar as clases e dar apoio tanto ao profesorado como ao alumnado.
A aplicación ten 20 presentacións e 100 xogos, é fácil de manexar, e está pensada para que nenos e nenas podan xogar e aprender de manera autónoma. Só hai que premer na imaxe para acceder á páxina, logo premer na frecha amarela que pon "entrar" e...A APRENDER XOGANDO!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)