1 jun. 2010

Xa queda pouco curso

Como andan os meus lectores/as?
Quédanos pouco curso e polo tanto pouco tempo de actividade na biblioteca así que tedes que aproveitar para coller aqueles libros que vos interesen e aínda non tivéstedes a ocasión de ler.
A semana pasada fixemos 192 empréstitos, e no cómputo xeral do ano levamos superadas con creces as cifras do curso pasado.

Cambio de tema; a semana pasada levouse a cabo a IX Semana do Teatro en Galego para celebrar o Día das Letras Galegas. Ao longo desta semana ireivos poñendo aquí os vídeos das obras. Hoxe comezamos cos nenos/as de 3 anos; que fixeron a obra "O Sol abusón".

No hay comentarios: