14 jun. 2010

Acabáronse os empréstitos por este ano

Boas! Xa queda pouquiño de curso eh!
A semana pasada foi a última na que se puideron coller libros neste curso. Foron un total de 180 os rapaces e rapazas que aproveitaron a ocasión para levar un libro.
Durante esta semana soamente se procederá á devolución de libros. Ao longo destes días publicaremos os datos definitivos de empréstitos do curso, xa anticipo que foron magníficos; ademais sacaremos á luz o ranking definitivo dos mellores lectores, así como os libros preferidos dos nosos alumnos/as.
Lémonos!

No hay comentarios: