1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Aquí non hai dúbidas, case o 100% decántase pola súa primeira mestra, da que gardan moi bos recordos. A aprendizaxe era reforzada na casa nalgúns casos.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Poucos/as o lembran, pero sí citan algún do que teñen un bo recordo.
3. Cal é o teu libro favorito?
- Nesta pregunta hai variedade, pero case todos se decantan polas novelas (salvo honrosas excepcións, como Ana -orientadora- que cita tamén a poesía). As máis escollidas son Los Pilares de la Tierra e as sagas de Dan Brown e Stieg Larsson
4. E o teu autor preferido?
- Os dous citados anteriormente son que máis adeptos teñen. Aparecen tamén autores en lingua castelá (García Márquez, Isabel Allende...) e en galego (Castelao, Rosalía...)
5. Cal é o último libro que liches?
- Aquí é imposible poñelos de acordo, houbo coincidencia en El Símbolo Perdido e El Código da Vinci
6. Cantas horas les á semana?
- Os mestres len unha media de 5-6 horas, pero case todos/as o condicionan ao tempo dispoñible segundo a época do ano.
7. Agora estás a ler...
- Buff!! Non hai coincidencia por ningún lado. Seica pasaranse os libros ao rematar de lelos?
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Aquí dámonos conta de que a maioría son hogareños; prefiren ler na casa e preferentemente á noite.
O curso que ven os alumnos/as seredes os que máis aparezcades nesta sección. Espérovos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario