21 jun 2010

Blogues de Bibliotecas

Queridos blogueir@s, xa non queda nada para finalizar este curso e chega o momento de despedirse. Vou comezar por despedirme dos compañeir@s doutros blogues de Bibliotecas Escolares. Coñecemos perfectamente o traballo e a dedicación que supón ter un blogue ao día, e o difícil que é ás veces atopar recursos e novas que sexan de interese xeral. Por iso, as ideas doutros compañeiros/as e a vontade de compartir experiencias e recursos son de gran axuda en moitas ocasións, por todo iso: GRAZAS.
Esperamos que neste primeiro curso O Blogue de Donte tamén aportara algo e servira de axuda en ocasións para outros blogues. O dito, bo verán e ánimo para o vindeiro curso, noraboa pola vosa actividade.

No hay comentarios: