3 dic 2015

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Porque Cuqui non quere ir á lavadora, conto moi MOI IMPORTANTE para lerlles aos maiores antes de durmir.
É o título do primeiro álbum da escritora María Lado , publicado en Apiario en 2014. As ilustracións son de Yanina Torres Tuirán.
Neste álbum, María Lado cóntanos o que lle acontece a Cuqui, un osiño de peluxe, dende a visión dun neno pequeno que cuestiona a sensibilidade das persoas adultas. Este álbum ten interese para a lectura en familia e a través del podemos establecer vínculos afectivos coa lingua, tan necesarios hoxe.

No hay comentarios: