3 dic 2015

PREMIO MANUEL MARÍA DE LITERATURA DRAMÁTICA

Da autoría de Antón Cortizas, o texto recolle o mellor da súa faceta de recompilador da tradición oral e dos xogos populares. Lembremos que del son os libros Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares de GaliciaTastarabás. Enciclopeda de brinquedos tradicionais e Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota.
A obra presenta o xogo como actividade imprescindible e para iso toma man da tradición, dos xogos pasados de boca en boca a través da memoria. Da memoria que hai que gardar fronte a o Gro que é un monstro que quere roubala. Unha loita na que dúas fadas (Impo, de imposible e Tempus de tempo) axudan aos humanos, pero na que os gatos terán moito que dicir. 
Unha nena aburrida de ver televisión e andar coa videoconsola tenta brincar, e se non hai nenos farao coa Lúa.
Actores e títeres, teatro real e de sombras para poñer sobre as táboas e no chan do teatro os xogos de sempre, as lengalengas, as estruturas acumulativas e repetitivas, as adiviñas... en catro actos (un deles opcional con xogos a realizar cos espectadores) e todo iso adobado coas cancións infantís (que se nos achegan cos seus pentagramas).   
Porque "xogades que facedes ou facedes que xogades?", "xogar ou non xogar... esa é a cuestión".

E as ilustracións de Leandro Lamas acompañando o texto, coas súas características propias, aportando o seu bo facer.  

No hay comentarios: