Este ano pedimos aos Reis Magos desexos para que cada día o mundo sexa un lugar un pouquiño mellor.
19 dic 2014
12 dic 2014
POLO NADAL, LIBROS
A continuación amosámosvos a exposición de libros relacionados coas datas de Nadal.
11 dic 2014
REVISTA CRIATURAS
Hai uns días, en Culturgal, fíxose a presentación pública desta nova publicación, tan necesaria que pasou varios días desaparecida da rede de puro exceso de interese.
- Atascóusenos!- é o mellor que se pode dicir dunha nova revista. Empachóusenos de tanta xente como quería darlle de comer.
Quen dirá que non a sentimos imprescindible?
Poñémolas chapiñas, facémoslle un sitio e lemos o que nos din na editorial:
"Detrás de Criaturas estamos persoas de todos os ámbitos da creación e da mediación: escrita, ilustración, deseño, crítica, bibliotecas… e máis queremos que estean. Ademáis de crear unha nova plataforma de difusión, análise e estudo da LIX, temos un certo degoxo de renovación, de dar voz a novas xeracións de todos estes eidos e outros que se vaian incorporando. Hai que lle procurar a isto que andamos a debullar no poliedro da lectura e dos libros de LIX, caras novas, ángulos distintos, vértices de confluenza e arestas de encontro. Porque a pesar de que vivamos neste anaco de mundo que corresponde ao punto cardinal exacto onde o vento nunca deixa de soprar, de seguro que aínda quedan cousas por inventar."
"EL QUIJOTE" SEGUE DANDO QUE FALAR
A RAE presenta unha nova edición escolar e adaptada por Arturo Pérez Reverte, do clásico "Quijote de la Mancha".
Se queredes saber máis pinchade nas seguintes imaxes.
Se queredes saber máis pinchade nas seguintes imaxes.
2 dic 2014
NOVAS EXPOSICIÓNS DA BIBLIOTECA
Nesta ocasión quixemos rescatar dos andeis da nosa biblioteca os clásicos adaptados, que ademáis de entreter, mergullarán ao alumnado na cultura literaria universal. Animádevos e levádeos ás vosas casas!!!
26 nov 2014
A BANDA DESEÑADA
No colexio disfrutamos dunha nova exposición en torno a un tipo de literatura moi interesante e divetida. Durante algunhas semanas no corredor puidemos ver aos nosos persoaxes favoritos da banda deseñada!!
19 nov 2014
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de novembro celébrase o "Día Internacional dos dereitos da Infancia", tendo este ano especial relevancia por cumplirse así mesmo o 25 aniversario do nacemento deste día. Dende a biblioteca queremos axudarvos a coñecer máis cousas en torno a este día para que coñezades os vosos dereitos e os que tódolos nen@s do mundo deberían ter. A continuación propoñémosvos unha serie de enlaces de interese.
RAYUELA
DEREITOS DO NENO
ENRÉDATE
ENRÉDATE ED. INFANTIL
ENRÉDATE ED. PRIMARIA
Por outra banda podedes visitar a exposición de libros do corredor, onde poderedes atopar exemplares relacionados con esta temática así como coa vindeira celebración do "Día contra a violencia de xénero".
17 nov 2014
7 nov 2014
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Como sabedes vimos de celebrar o mes das bibliotecas, polo cal estivemos a repartir agasallos tódolos venres de outubro. Ademáis temos un día no que se celebra especialmente a existencia das bibliotecas escolares como centro de recursos e de dinamización lectora.
No noso colexio, para festexar esta data, recibimos a visita de Abraham Carreiro. Deixámosvos unha pequena mostra do seu paso polo Rosalía.
No noso colexio, para festexar esta data, recibimos a visita de Abraham Carreiro. Deixámosvos unha pequena mostra do seu paso polo Rosalía.
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Como xa sabedes este ano estamos a traballar en torno á ciencia, xa que o noso PDI versa sobre "Descubrimentos, inventos e experimentos". Por este motivo queremos destacar neste mes de novembro a celebración do "mes da ciencia en galego".
A Secretaría Xeral de Cultura publicou o Manifesto de Ángel Carracedo e a imaxe desta primeira celebración do MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Velaquí tedes o "manifesto".
Recompilación de materiais dispoñibles na Rede en relación con ciencias en galego, proporcionado dende a páxina de Bibliotecas escolares.
A Secretaría Xeral de Cultura publicou o Manifesto de Ángel Carracedo e a imaxe desta primeira celebración do MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Velaquí tedes o "manifesto".
Recompilación de materiais dispoñibles na Rede en relación con ciencias en galego, proporcionado dende a páxina de Bibliotecas escolares.
Etiquetas:
PDI "Descubrimentos...",
Recursos didácticos
CELLEBRACIÓN DO SAMAÍN
Que ben o pasamos no Samaín, ademáis da exposición de cabazas, de ler moitos contos de medo, de recibir premios polas nosas cabazas e os seus lemas... tamén cantamos unha canción. Todo o colexio, dirixido polo mestre de música, adicoulle unha terrorífica canción a este día onde o mundo dos mortos e dos vivos se confunde....
6 nov 2014
CONCURSO DO PDI
Como sabedes ó longo do mes de outubro os alumn@s deste centro estiveron a descubrir cousiñas en torno ó tema do PDI proposto para o presente curso "Inventos, experimentos e descubrimentos". Todos os que entregaron o seu cuestionario debidamente cumplimentado, participaron nun sorteo de agasallos. Os gañadores foron:
Roi Devesa Domínguez, de 1º A
Lois Otero Meis, de 1º B
Xián Gondar Fernández, de 2º A
Iveta Serantes Mitkova, de 2º B
Clara Devesa Prieto, de 3º A
Hugo Domínguez Meis, de 3º A
Noa Parada Conde, de 3º B
Lúa Mato Patiño, de 3º B
Brais Domínguez Fontoira, de 4º A
Brais Mesego Muñiz, de 4º A
David Rodríguez Álvarez, de 4º B
Erixúa Otero Sanmartín, de 4º B
Natalia Moldes Piñeiro, de 5º A
Nyssa Míguez Garrido, de 5º A
Pablo Prol Cacabelos, de 5º B
Samuel Vázquez Devesa, de 5º B
Clara de Asís García Dorado, de 6º A
Carla López López, de 6º B
Óscar Padín Devesa, de 6º B
O SAMAÍN NO ROSALÍA
A continuación podedes ver unha pequena mostra da exposición de libros de medo elaborada dende a biblioteca, xunto coa exposición de cabazas convocada polo Departamento de Normalización Lingüística. Esperamos que vos guste!!!
5 nov 2014
REMATA O MES DA BIBLIOTECA
29 oct 2014
SAMAÍN
Mañá celebramos o Samaín no Rosalía. Ao longo desta semana estivemos elaborando moitas actividades realcionadas co tema que vos ensinaremos moi pronto. Hoxe queremos ofertarvos recursos para traballar esta temática: o medo, o Samaín, Halloween...
(Este libro-CD témolo dispoñible na biblioteca)
27 oct 2014
O MES DA BIBLIOTECA
Lara
Benavides, de 2º A
Judith Prieto Requeijo, de 5º B
20 oct 2014
BIBLIOUTUBRO
BIBLIOUTUBRO
David Otero
Velaí un bibliomés deste biblioano.
Velaí un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de Cultura(s).
Outubro celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo, serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico, que nos define e determina como lectoras e como lectores.
Ler é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así nos peta e dá a gana.
Ler, libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia (galega pois) e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.
A lectura farase alí onde nos sintamos ben.
Buscaranse os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.
Pois así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e comprobemos.
13 oct 2014
OS PREMIOS WHITE RAVEN
O ano pasado xa nos fixemos eco dos libros en galego galardoados nos White Raven. Este ano como voltamos a estar entre os agasallados queremos ademáis explicarvos cal é a trascendencia de que libros escritos e editados na nosa Comunidade Autónoma, formen parte das listas dos White Raven.
Cada ano, a Biblioteca Internacional de Münich, selecciona unha presada de libros de entre todos os chegados do resto do mundo. Trátase de exemplares recentemente publicados e que os especialistas en linguaxe valoran moi especialmente.
White raven (corvo branco), é una expresión inglesa que se aplica a todo aquilo que posúe unha singularidade extraordinaria. Os White Ravens son un galardón outorgado a aquelas obras infantís e xuvenís que a nomeada Biblioteca considerou as máis destacadas segundo o seu criterio.
Os libros agasallados gozan así dun gran prestixio internacional e dunha difusión moi ampla.
Entre as obras seleccionados nesta prestixiosa lista dos mellores libros de literatura infantil e xuvenil, destacaron este ano as obras Nicomedes o pelado dePinto & Chinto publicado por Kalandraka e Galiño pelado da autoría de Paula Carbonell e Philip Giordano de OQO Edicións.
NOVOS PREMIADOS POLO MES DA BIBLIO
10 oct 2014
8 oct 2014
O MES DA BIBLIOTECA
Este mes de outubro celebramos o mes da biblioteca e por iso queremos comezar a repartir agasallos tódolos venres para aqueles que veñades á biblio a coller libros. Animádevos, cantos máis libros máis posibilidades tes de gañar o sorteo!!!!
3 de outubro
Os primeiros con sorte este ano foron:
6 oct 2014
TRÍPTICO INICIO DE CURSO
Para comenzar o curso gustaríanos que lle botásedes unha ollada ao seguinte tríptico.
3 oct 2014
EXPOSICIÓN MOTIVADORA PDI
O seguinte vídeo amósavos a exposición en torno á temática do PDI da que podedes votar man para resolver o cuestionario do concurso. De seguro que vos resulta interesante!!!
25 sept 2014
PDI: DESCUBRIMENTOS, INVENTOS E EXPERIMENTOS
Como sabedes, tódolos anos levamos a cabo un Proxecto Documental Integrado, no que participan tódolos niveis do centro. Este ano, o PDI versará sobre:
DESCUBRIMENTOS, INVENTOS E EXPERIMENTOS
Para iniciar esta labor na que estaremos a traballar todo o curso queremos propoñervos un concurso. No corredor do colexio podedes ver unha exposición de obxectos e libros que conteñen información sobre o tema proposto. A continuación incluimos unha mostra do cuestionario que teredes que completar para participar no concurso. Tomádeo moi en serio porque.... hai premio!!!!
17 sept 2014
NOVAS

Desde Fervenzas literarias:
"O Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia acaban de publicar, co gallo do 70 aniversario da edición do Sempre en Galiza, unha aplicación coa obra cumio de Castelao para dispositivos Android, Tablets e dispositivos móbiles.
"O Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia acaban de publicar, co gallo do 70 aniversario da edición do Sempre en Galiza, unha aplicación coa obra cumio de Castelao para dispositivos Android, Tablets e dispositivos móbiles.
A aplicación Sempre en Galiza
está estruturada en diferentes apartados. Os usuarios que se descarguen
a app terán acceso tanto ao libro completo como a contidos
complementarios, como estudos sobre o proceso de elaboración, o
pensamento político de Castelao e as ideas lingüísticas realizados por
Alfonso Mato, Henrique Monteagudo, Ramón Maíz e Xusto Beramendi; os
cadernos manuscritos; material sobre Castelao, que inclúe unha
biografía, unha fotogalería e un interesantísimo video gravado por
Elixio González en Bos Aires a partir de 1940.
Sempre en Galiza
supón unha das obras máis importantes sobre a identidade galega.
Publicouse no ano 1944 en Arxentina, país onde se exiliou Castelao tras o
alzamento militar. O libro inclúe artigos, ensaios, conferencias,
discursos xunto a material pensado especificamente para a obra por parte
do político e escritor rianxeiro."
Aquí, na páxina do Consello, está o enlace para a descarga.
Aquí, na páxina do Consello, está o enlace para a descarga.
LECTURA DIXITAL

O Ministerio acaba de presentar a plataforma eBiblio para o préstamo de libros en formato dixital.
Co
carnet da biblioteca pública e un dispositivo (libro electrónico,
tablet, smartphone...) os usuarios terán acceso a un catálogo de 1.500
títulos, por medio dunhas 200.000 licencias, de forma que se poderá
prestar unhas 28 veces cada libro e ao longo de 21 días.
As
categorías incluídas nestes fondos son: «Ficción para adultos»,
«Ciencia e Tecnoloxía», «Ciencias Sociais e Humanidades», «Saúde,
Desenvolvemento Persoal, Lecer, Deporte...», «Ficción infantil e
xuvenil», «Non ficción infantil e xuvenil» e «Audiolibros».
A partir deste momento serán as comunidades autónomas as que engadan as obras propias a esta colección.
RECOMENDACIÓN LECTORA
De novo queremos recomendarvos novidades lectoras para que cada semana iniciedes unha nova experiencia!!!
Manual do bo paseante, subtitulado "Descrición en vinte puntos" do escritor catalán Raimon Juventeny, traducido por Xosé Ballesteros e publicado por Factoría K
Un libro que ha de relacionarse co movemento slow, porque é Carl Honoré, un dos teóricos desta filosofía e autor do libro Eloxio da lentitude quen o prologa pero tamén porque se presenta como "unha
panorámica do devandito movemento aplicado a algo tan próximo e
familiar como é o paseo, operativa tanto para recuperar ese pracer no
caso que se teña perdido como para convencer, a quen non o practica, dos
seus inestimables beneficios.
Unha
proposta articulada en vinte secuencias que ofrece unha sinxela terapia
para combater présas e urxencias, se cadra para ver as cousas dun xeito
diferente, e ofrecida nun soporte ben atractivo para todas as idades."
Este tempo aínda é unha boa época para a práctica, así que leamos para camiñar.
16 sept 2014
HOXE TOCA SER FELIZ
Un ano máis o colexio abre as súas portas para encherse novamente de vida!!
Concretamente da vida que todos lle dades cando entrades correndo e falando polas súas portas, pero tamén das vidas e historias de tódolos personaxes que perduran pechados dentro dos libros e que son liberados cando abrides as súas páxinas.
Esperamos, polo tanto, que non deixedes de ler e darlle vida á nosa biblioteca. Como sempre Donte espéravos cargado de novas aventuras!!!
Unha aperta para todos dende o equipo de biblioteca e FELIZ CURSO 2014/2015.
18 jun 2014
GUÍA DE VERÁN 2014
O curso remata e dende a biblio non podíamos deixarvos sen recomendarvos uns bos libros para que desfrutedes estas vacacións!!!
Que pasedes un bo verán e ¡¡¡¡vémonos á volta!!!!
PINCHA AQUÍ PARA VELO MÁIS GRANDE
PINCHA AQUÍ PARA VELO MÁIS GRANDE

Que pasedes un bo verán e ¡¡¡¡vémonos á volta!!!!
PINCHA AQUÍ PARA VELO MÁIS GRANDE
PINCHA AQUÍ PARA VELO MÁIS GRANDE
10 jun 2014
PDI 6º NIVEL: O CASTELO, OS CRUCEIROS, OS MUÍÑOS
E tamén os fermosos traballos elaborados polo 6º nivel:
6 jun 2014
PDI 5º NIVEL: MONUMENTOS MEGALÍTICOS, A VIVENDA
Os nen@s de 5º nivel aprenderon unha chea de cousas.
4 jun 2014
PDI 2º CICLO: CASTROS E FONTES
Os rapaces de 2º ciclo elaboraron unha chea de traballos en torno á temática castros e fontes. A continuación amosámosvos unha pequena mostra.
3 jun 2014
PDI 1º CICLO: OS MUÍÑOS
Despois de todo o curso descubrindo "A pedra en Galicia", os nen@s de 1º ciclo elaboraron un traballa fantástico para expoñer todo o que aprenderon en torno aos muíños. Aquí tedes unha pequena mostra!!!
30 may 2014
PREMIOS AOS MELLORES LECTORES E COLABORADORES DA BIBLIO
Polo día do libro, ademáis dos apadriñamentos lectores, fíxose un reparto de premios para gratificar a aqueles nenos e nenas que máis libros len da nosa biblioteca. Do mesmo xeito repartimos premios a aqueles rapaces e rapazas que colaboran coa biblio no empréstito, xestión, etc.
Moitas gracias a tod@s!!!!
Moitas gracias a tod@s!!!!
29 may 2014
VISITA DE PAULA CARBALLEIRA
Que medo pasamos os nenos de 4º o día que nos veu visitar Paula. Grazas por vir ao noso cole!!!
22 may 2014
DERRADEIRO SORTEO DO MES DO LIBRO
8 may 2014
LETRAS GALEGAS
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
LETRAS GALEGAS 2014
Na páxina do blogue "Letras galegas", situada no menú superior, poderedes atopar enlaces actualizados para traballar o día das Letras Galegas e coñecer máis cousiñas sobre Xosé María Díaz Castro.
Esperamos vos sexan útiles!
7 may 2014
RECOMENDACIÓN LECTORA
Na semana do 5 de maio recomendámosvos:
É o que ten ser tan testalán... que ata apareces nas camisetas.
A burra Ramona, da autoría de Paula Carballeira e con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Baia
Da presentación editorial, podemos recoller... "Un bo día, a burra Ramona, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei".
LER, LER E MÁIS LER
Ben coñecemos todos os beneficios que a lectura aporta ao desenvolvemento dos rapaces e rapazas. Neste sentido recoméndamosvos votarlle un ollo ao seguinte enlace, no que a Asociación Española de pediatría afronta este tema.
RECOMENDACIÓN LECTORA PARA ADULTOS
Agustín Fernández Paz anuncia a publicación do seu novo libro, A viaxe de Gagarin. Nesta ligazónpódese descargar xa o primeiro capítulo desta novela.
Ademais, o escritor abre un blogue, A VIAXE DE GAGARIN, no que recompila algunhas informacións que foi atopando no proceso de escrita e que poden ser de interese para os lectores. A xenerosidade do escritor e o coidado para cos seus lectores maniféstase unha vez máis na creación desta "canle complementaria" para ampliar información sobre a temática da súa novela.
Lembramos que Agustín Fernández Paz mantén, así mesmo, un blogue no que vai creando entradas de gran interese sobre diversos temas que lle son queridos: o cómic, o cine, a música, a literatura... Teredes sempre á man o blogue de Agustín na marxe dereita "Enlaces da biblioteca"
Ademáis gustaríanos facernos eco do último premio outorgado a Agustín. O Premio Trasalba. Poderedes coñecer máis sobre esta nova no seguinte enlace: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=24184
6 may 2014
SORTEOS POLO MES DO LIBRO
DÍA DO LIBRO
Un ano máis celebramos o día do libro cos "apadriñamentos lectores". Como sempre todos os rapaces e rapazas do colexio se implicaron moitísimo nesta actividade e gracias a eles volveu ser todo un éxito.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos ese día.
Gracias a todos pola vosa colaboración. Aos máis pequenos pola atención, interese e bo comportamento e aos maiores por transmitir con tanto entusiasmo as fermosas e emocionantes historias que agochaban os libros que seleccionáchedes na biblioteca!
2 may 2014
SORTEOS POLO MES DO LIBRO
O día 11 de abril e o 25 de abril tamén repartimos agasallos, como todo este mes, para celebrar o "mes do libro".
Os gañadores foron:
Os gañadores foron:
11 de abril
- Raquel Fernández Barcala, de 5º A
- Uxía Aguiño Domínguez, de 4º A
25 abril
Suscribirse a:
Entradas (Atom)