7 may 2014

RECOMENDACIÓN LECTORA PARA ADULTOS



Agustín Fernández Paz anuncia a publicación do seu novo libro, A viaxe de Gagarin. Nesta ligazónpódese descargar xa o primeiro capítulo desta novela. 
Ademais, o escritor abre un blogue, A VIAXE DE GAGARIN, no que recompila algunhas informacións que foi atopando no proceso de escrita e que poden ser de interese para os lectores. A xenerosidade do escritor e o coidado para cos seus lectores maniféstase unha vez máis na creación desta "canle complementaria" para ampliar información sobre a temática da súa novela. 
Lembramos que Agustín Fernández Paz mantén, así mesmo, un blogue no que vai creando entradas de gran interese sobre diversos temas que lle son queridos: o cómic, o cine, a música, a literatura... Teredes sempre á man o blogue de Agustín na marxe dereita "Enlaces da biblioteca"

Ademáis gustaríanos facernos eco do último premio outorgado a Agustín. O Premio Trasalba. Poderedes coñecer máis sobre esta nova no seguinte enlace: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=24184





No hay comentarios: