11 dic 2014

REVISTA CRIATURAS



Hai uns días, en Culturgal, fíxose a presentación pública desta nova publicación, tan necesaria que pasou varios días desaparecida da rede de puro exceso de interese. 
- Atascóusenos!- é o mellor que se pode dicir dunha nova revista. Empachóusenos de tanta xente como quería darlle de comer.
Quen dirá que non a sentimos imprescindible?
Poñémolas chapiñas, facémoslle un sitio e lemos o que nos din na editorial:
"Detrás de Criaturas estamos persoas de todos os ámbitos da creación e da mediación: escrita, ilustración, deseño, crítica, bibliotecas… e máis queremos que estean. Ademáis de crear unha nova plataforma de difusión, análise e estudo da LIX, temos un certo degoxo de renovación, de dar voz a novas xeracións de todos estes eidos e outros que se vaian incorporando. Hai que lle procurar a isto que andamos a debullar no poliedro da lectura e dos libros de LIX, caras novas, ángulos distintos, vértices de confluenza e arestas de encontro. Porque a pesar de que vivamos neste anaco de mundo que corresponde ao punto cardinal exacto onde o vento nunca deixa de soprar, de seguro que aínda quedan cousas por inventar."

No hay comentarios: