Perdón, perdón! Xa sei que me retrasei un par de días...
Como xa vos dixen vouvos explicar que son e para que serven os números de color vermello que aparecen nas etiquetas das estanterías. Ao reformar a biblioteca decidiuse colocar os libros dunha forma máis racional e tomouse como norma báscica a Clasificación Decimal Universal (CDU). Consiste en aplicar a cada xénero literario unha cifra que servirá para a organización.
Os aplicados na nosa biblioteca son:
81 - Poesía
82 - Teatro
83 - Narrativa
*831 - Libros de imaxes
*832 - Libros educativos
*833 - Contos
*834 - Contos de animais como protagonistas
*841 - Narracións da vida real
*843 - Narracións de aventuras
*844 - Narracións policiacas, de terror e misterio
*845 - Narracións de humor. Chistes
*846 - Narracións fantásticas. Lendas
*848 - Narracións de animais como protagonistas
85 - Clásicos
87 - Cómics. Tebeos
92 - Biografías. Autobiografías
Agora podes ser máis directo cando busques un libro en concreto!
Boa fin de semana, lémonos!
3 comentarios:
Ya nos explicó el profe Kiko todo esto, está genial
Certo, certo. Xa sei que Quico se me adiantou, pero quero chegar a todas as persoas que usan a biblioteca e non son alumnos/as.
Grazas polo teu comentario
poque non nos adiantas un pouco o que vades a facer co que gane o concurso?
Publicar un comentario