Moi boas, querid@s lectores/as!!
As longas colas que a semana pasada se deron no recreo tiveron un motivo. Que cal foi? Pois a causa foron os 210 libros que os nenos e nenas do cole levaron prestados. Pero a espera valeu a pena, xa que ademais de levar o libro que tanto ansiaban levaron un agasallo. Seguro que despois de pasalo en grande lendo os libros que levaron non se lembran nin por un segundo do que tiveron que levar.
Por outra parte, realizáronse outros 13 préstamos, 8 en horas de titoría e 5 polas tardes. Sí, liches ben, polas tardes. Por se alguén aínda non se enterou, os luns, martes e mércores de 16h a 18h a Biblioteca está aberta; así que podemos facer préstamos e consultas nesas horas. Non dubidedes en vir e animar aos vosos pais ou avós a que vos acompañen, eles tamén poden ser socios e ser partícipes da nosa comunidade.
Para finalizar, unha recomendación, entra na dirección que che escribo a continuación; é a da páxina web da biblioteca, unha auténtica pasada. Nela, ademais dos datos de alugueres, fondos e demais podes atopar un filón na búsuqeda de información. Non desaproveites esta posibilidade.
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PEC143
PD: non me esquezo do Dontest, mañá tócalle o turno a alguén que vos pode "orientar" no caso de estaren perdidos.
2 comentarios:
Ola! Hoxe, fixen unha reserva de exemplar do libro 3894 e non entendín para que funciona eso, pero espero utilizalo a miúdo.
Ese servizo emprégase para que o libro que solicitas te sexa emprestado en canto estea disponible.
Publicar un comentario