Para este Nadal quixemos recomendar aos nen@s que lles pedisen contos aos Reis Magos e Papá Noel. Algunhas desas lecturas recomendadas aparecen na seguinte guía de Nadal.
18 dic 2017
20 nov 2017
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. Esta Declaración, establece en dez principios cuidadosamente redactados, os dereitos dos nenos e nenas para que disfruten de protección especial e dispoñan de opotunidades e servicios que lles permitan desenvolverse felizmente en forma sa e normal, en condicións de liberdade e dignidade; para que teñan un nome e unha nacionalidade desde o seu nacemento; para que gocen dos beneficios da seguridade social e reciban tratamento, educación e coidados especiais se teñen algún padecemento; para crecer nun ambiente de afecto e seguridade; para que reciban educación e figuren entre os primeiros que reciban protección e socorro en casos de desastre; para que se lles protexa contra calquer forma de discriminación, á par de que sexan educados nun espíritu de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, pola paz e a fraternidade universal.
Esta Declaración, ademais de proclamar os dereitos das nenas e dos nenos, insta aos pais, aos adultos, ás organizacións e ás autoridades, a que recoñezan istos dereitos e loiten pola súa observancia.
Neste vídeo móstrase a exposición de libros que están no corredor do colexio relacionados con este día.
7 nov 2017
samaín 2017
No seguinte vídeo fotográfico poderedes ver as imaxes relacionadas con todo o que fixemos no Samaín 2017: exposición de contos, chocolatada, decoración dos corredores e do patio infantil...Pasámolo de medo!!!
27 oct 2017
SORTEO 27 OUTUBRO
Bibliotecas Escolares
O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. O cartel e"pregón" deste ano 2017 pódese consultar AQUÍ.
No colexio celebrámos esta data con dúas actividades de contacontos: as bibliotecarias do Concello de O Grove e a contacontos Celtia Figueiras. No seguinte vídeo podedes ver algunhas fotos.
No colexio celebrámos esta data con dúas actividades de contacontos: as bibliotecarias do Concello de O Grove e a contacontos Celtia Figueiras. No seguinte vídeo podedes ver algunhas fotos.
26 oct 2017
FASE DE INVESTIGACIÓN PDI
GAÑADORES
DO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN
DO PDI
-
QUINTO NIVEL: Alba Prol e Yago Naveiro, de 5º B, con 27,75 puntos de 29 posibles
-
CUARTO NIVEL: Alex Cao Bea e Christian Dorta Álvarez, con 26,25 puntos de 29 posibles
-
TERCEIRO NIVEL: Karina Iglesias e Helena Domínguez, de 3º A, con 27 puntos de 29 posibles
18 oct 2017
Aprendizaxe baseada en proxectos ABP
Video relacionado co traballo por proxectos, para aqueles centros que están iniciando ou en pleno proceso. É unha hora de formación intensiva e clarísima sobre o tema. Non o perdades.
Tríptico
Boas!! Aquí tedes unhas novas, normas e celebración deste mes neste boletín especial do mes da biblioteca.
SORTEO 13 OUTUBRO
Os gañadores do sorteo celebrado o venres 13 de outubro foron:
-
Enya Allo Rodríguez, de 2º A
-
Sabela Serantes Álvarez, de 2º B
Parabéns!!!
11 oct 2017
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
O poeta Antonío García Teijeiro vén de ser galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Poemar o mar.

Moitos parabéns a García Teijeiro por este recoñecemento.
Na biblioteca do cole temos este libro!!!!
9 oct 2017
SORTEO BIBLIOTECA
OS GAÑADORES DO 1º SORTEO DO CURSO 2017/2018 FORON:
-
Matías Otero Otero, de 6º B
-
Alexander Otero López
27 sept 2017
Concurso PDI
Boas!! Como xa saberedes o PDI deste ano é "O Grove en imaxes" este concurso da "Fase de motivación", serve para dar a coñecer o proxecto a toda a comunidade educativa.
Dito concurso consiste nun traballo de investigación sobre diferentes aspectos do proxecto, que os alumnos de 3º a 6º teñen que elaborar para introducirse no tema e ir coñecendo cousas do mesmo.
Tedes de prazo para entregalo ata o 13 de outubro, e faranno por parellas.
CONCURSO
PDI 2017-18
“O
GROVE EN IMAXES”
NOMES:____________________________________________________
_____________________________________CURSO:____________
-
Cita tres (3) festas que se celebren no Grove e en que época do ano se celebran:
FESTA
|
ÉPOCA
DO ANO
|
|
|
|
|
|
|
-
Escribe o nome de cinco (5) praias do Grove:
-
A que personaxe histórico colgaron nunha figueira?
-
En que lugar do Grove se atopa dita figueira?
-
No Grove hai unha necrópole (lugar de enterramento) moi antiga. Como se chama?
-
Como se chaman os lugares para pasear ao lado do mar?
No
Grove hai varios deses lugares. Sabes os nomes dalgún deles?
Escríbeos.
1.
2.
3.
-
Une con frechas o nome do animal e o grupo ao que pertence:
ANIMAL
|
|
GRUPO
|
|
|
|
Polbo
|
|
|
Rodaballo
|
|
|
Centola
|
|
PEIXES
|
Ameixa
|
|
|
Camarón
|
|
|
Soia
|
|
MOLUSCOS
|
Boi
|
|
|
Berberecho
|
|
|
Xurelo
|
|
CRUSTÁCEOS
|
Nocra
|
|
|
Mexilón
|
|
|
-
Escribe o nome das dúas grandes industrias conserveiras que teñen as súas fábricas no Grove
1.
2.
-
Como se chama o actual alcalde do Grove e a que partido político pertence?
-
Escribe o nome dalgunha das igrexas ou capelas católicas do Grove.
Coñeces
outra relixión que non sexa a católica que teña arraigamento no
Grove e onde se atopa o seu lugar de culto (de reunión)?
-
A que nos referimos cando falamos das “colareiras” do Grove?
-
Relaciona as dúas columnas (UNE CON FRECHAS):
- Casino
SPALonxa
MisaPraza de abastos
Barcos
Ponte
Xogar e apostarAcuario
Subasta de peixes e mariscosPraza de Confín
Burros fariñeirosGran Hotel
Enseada de MoreirasCampo de golf
Deporte ao aire libre
Igrexa de San Martiño
Mercado dos venres
Monte da Vila
Venda de produtos do mar e da terraMonte Central da Toxa
Sede da alcaldía e casa do poboCasa da Cultura
Pescadores e mariscadoresPorto
Biblioteca municipal
Concello
A ToxaPraza do Corgo
Campo de fútbol e PavillónCofraría
Fonte dos cabaliños de marMuseo da salga
A fauna e a flora do mar á vista
-
O Grove é unha península. Que quere dicir isto?
-
Como se chama a lingua de terra que une O Grove coa Revolta e pola que saímos do pobo?
-
En que ría das Rías baixas está situado O Grove?
-
Como se chama o monte máis alto do Grove?
-
Cantas parroquias ten O Grove e como se chaman?
- Escribe o nome de polo menos dúas illas que pertenzan a O Grove
- 1.________________________________
2.________________________________
-
O Grove non ten ríos, pero si ten un regato que está canalizado e vai baixo terra. Sabes como se chama?
-
No Grove hai unha lagoa pequena que forma parte dun espazo protexido. Escribe o seu nome e onde se atopa.
Nome __________________________________________
Atópase ________________________________________
-
No Grove pasan o inverno moitas aves migratorias camiño doutras latitudes. Escribe o nome dalgunhas delas.
-
O Proxecto PIO pretende defender a presenza e a supervivencia dunha ave que aniña na praia da Lanzada. Como se chama dita ave?
-
Nomea algúns artistas grovenses, vivos ou mortos (músicos, pintores, escritores, ilustradores, actores, etc.)
-
"Chamando á Terra"
O
sábado 9 de setembro comezou a emitirse na radio galega o
programa Chamando
a terra que
ten como protagonista o libro en galego. Está dirixido pola
xornalista e escritora María
Solar e que
conta coa colaboración de Montse
Pena Presas,
Malores Villanueva e Alba Cid.
O programa, que se emite os sábados entre tres e catro da tarde, ten como finalidade estimular as ganas de ler de todos os públicos e en todos os xéneros. Lecturas, entrevistas, recensións de libros ou opinións sonseccións fixas deste programa que comeza.
Seguiremos con atención este novo programa que achega novas da Literatura Infantil e Xuvenil en galego. Asimesmo pode servir de modelo para futuros programas sobre libros desenvolvidos polas bibliotecas escolares.
Podedes escoitar os dous primeiros podcast no seguinte enlace
26 sept 2017
FASE MOTIVACIÓN PDI
Xa esta posta no corredor do colexio unha exposición de imaxes do Grove. Como xa sabedes este ano o PDI leva por título "O Grove en imaxes"
7 sept 2017
INVITACIÓN
INVITACIÓN AOS-ÁS ALUM@S
¡Querid@ alumn@!:
Como tódolos anos, a nosa Biblioteca Escolar xa está aberta para que
poidas acudir a ela en busca das últimas novidades, para que te volvas
atopar cos teus personaxes favoritos, para que deixes voar a túa
imaxinación e disfrutes de viaxes, aventuras e desafíos apaixonantes.
Ler libros é unha actividade moi divertida, na que ti es o
protagonista, e cantos máis leas, mellor aprenderás a ler. Ademais, os libros
axudaranche a madurar e con eles aprenderás moitas cousas.
Anímate e non deixes de acudir. A nosa Biblioteca estará aberta
tódolos recreos, incluso cando chova, para que leves prestados os teus
libros favoritos.
¡Non faltes! ¡Agardámoste! E recorda que:
- A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para
face-los deberes nin para comer.
-Se queres levar un libro prestado e chove durante o
recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula.
- Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de
coller outro, debes devolver o libro prestado ao mestre
ou mestra que estea no ordenador.
-Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo.
-O libro serache prestado por unha semana, e
transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches
de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana.
- Cando busques un libro, deixa os que están nas
estanterías ben ordenados.
¡Querid@ alumn@!:
Como tódolos anos, a nosa Biblioteca Escolar xa está aberta para que

atopar cos teus personaxes favoritos, para que deixes voar a túa
imaxinación e disfrutes de viaxes, aventuras e desafíos apaixonantes.
Ler libros é unha actividade moi divertida, na que ti es o
protagonista, e cantos máis leas, mellor aprenderás a ler. Ademais, os libros
axudaranche a madurar e con eles aprenderás moitas cousas.
Anímate e non deixes de acudir. A nosa Biblioteca estará aberta
tódolos recreos, incluso cando chova, para que leves prestados os teus
libros favoritos.
¡Non faltes! ¡Agardámoste! E recorda que:
- A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para
face-los deberes nin para comer.
-Se queres levar un libro prestado e chove durante o
recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula.
- Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de
coller outro, debes devolver o libro prestado ao mestre
ou mestra que estea no ordenador.
-Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo.
-O libro serache prestado por unha semana, e
transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches
de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana.
- Cando busques un libro, deixa os que están nas
estanterías ben ordenados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)